Lingua luxemburguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luxemburgués
'Lëtzebuergesch'
Falado en: Luxemburgo, Bélxica, Francia, Alemaña.
Rexións: Europa
Total de falantes: 300.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Occidental
   Antigo alto alemán
    Luxemburgués
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Luxemburgo
Regulado por: Conseil Permanent de la Langue Luxembourgeoise (CPLL)
Códigos de lingua
ISO 639-1: lb
ISO 639-2: ltz (B)ltz (T)
ISO 639-3: ltz
SIL: LTZ
Mapa

Distribución xeográfica do luxemburgués (raiado).
Status

O luxemburgués está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O luxemburgués[2] (en luxemburgués Lëtzebuergesch, en alemán, Luxemburgisch, en francés Luxembourgeois) é unha lingua xermano-occidental falada en Luxemburgo. Foi adoptada como idioma oficial en 1984. Fálase tamén en pequenas partes de Bélxica, Francia e Alemaña, así como por algúns descendentes de inmigrantes luxemburgueses dos Estados Unidos e Transilvania, Romanía (Siebenbürgen). Hai uns 300.000 falantes de luxemburgués en todo o mundo.

Pertence ao grupo de idiomas do Alto Alemán, como o alemán estándar. É relativamente doado para un alemán entender a un falante de luxemburgués pero moito máis complicado tentar falalo pola súa influencia francesa.

Por outro lado, o luxemburgués escrito a miúdo amosa unha clara influencia do Alto Alemán na sintaxe e os modismos. O luxemburgués aínda depende moito da normativa gramatical alemá.

Comparación con outras linguas[editar | editar a fonte]

Luxemburgués Alemán Neerlandés Francés Galego
Jo Ja Ja - Si
Nee Nein Nee - Non
Moien Moin (alemán do norte) Hallo - Ola
Villäicht Vielleicht - - Quizais
Merci - - Merci Grazas
Äddi - - Adieu Adeus
Schwätzt dier Däitsch? Sprechen Sie Deutsch? - - Fala vostede alemán?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para luxemburgués.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]