Continuo dialectal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os contínuum dialectais máis importantes de Europa. As cores semellantes indican linguas que pertencen ao mesmo contínuum dialectal. As frechas indican as direccións de continuidade.
     Linguas romances      Linguas xermánicas occidentais      Linguas nórdicas      Linguas eslavas

Un continuo dialectal (ou continuum xeolectal ou complexo dialectal) é un conxunto de variedades lingüísticas faladas en terras fronteirizas, con diferenzas lixeiras nas zonas contiguas e con intelixibilidade mutua que mingua ao afastárense, chegando a desaparecer. Deste xeito dúas linguas aceptadas como diferentes poden ter entre si un conxunto de dialectos intermedios sen perderse en ningún caso a intelixibilidade sucesiva. Un continuo dialectal pode desaparecer ao fragmentarse pola extinción dialectal consecuencia do reforzamento dunha ou varias lingua estándar.

Introdución[editar | editar a fonte]

Un xeito de formalizar que constitúe un complexo dialectal, é que dentro dun conxunto de dialectos xeográficos póidase construír unha cadea lingüística de variedades V1, V2, ..., Vn, tales que:

  1. Cada par de variedades na cadea anterior sexan xeograficamente adxacentes, é dicir, para calquera k o territorio da variedade Vk é adxacente ao territorio da variedade Vk 1'.
  2. Existe unha alta intelixibilidade mutua entre cada par de variedades veciñas, é dicir, existe un alto grao de intelixibilidade entre Vk e Vk 1', para todo k.
  3. A intelixibilidade mutua entre V1 e Vn é baixa ou inexistente.

Cómpre ter en conta que aínda que o criterio de intelixibilidade idealmente debería poder axudar a diferenciar as variedades dunha lingua das variedades doutra lingua diferente, na definición usual de lingua existen condicionantes extralingüísticos diferente da intelixibilidade mutua. Isto pode verse considerando un par de exemplos dentro das linguas xermánicas. Dun lado o dinamarqués, o sueco, o noruegués son mutuamente intelixibles aínda que por factores socio-políticos considérase que son linguas diferentes. Doutro lado varias das variedades rurais etiquetadas como "alemán" son intelixibles para falantes de variedades de "neerlandés" pero non para falantes doutras variedades do alemán.

Exemplos[editar | editar a fonte]

As variedades de alemán e neerlandés formaban ata comezos de século un continuo xeolectal. Así os moitos dialectos etiquetados usualmente como formas de alemán, neerlandés ou afrikaans forman un único continuo dialectal con tres estándares literarios recoñecidos. Aínda que o neerlandés e o alemán non son mutuamente intelixibles, hai numerosos dialectos de transición que si o son. De acordo co paradigma Ausbausprache - Abstandsprache - Dachsprache, estes dialectos poden considerarse Abstandsprachen (é dicir, "linguaxes autónomas"). Con todo, poden verse tamén como dialectos dunha única lingua, asumindo a existencia dunha lingua estándar común a través da cal sexa posible a comunicación. Tal situación denomínase diglosia.

As linguas romances de Portugal, España, Francia e Italia foron propostas como exemplo de continuo xeolectal. Aínda que máis modernamente os dialectos intermedios que permiten construír a cadea lingüística tenden á desaparición. Con todo, para seguir a cadea de dialectos mutuamente intelixibles non serve calquera camiño. Entre Portugal e Francia, a cadea de dialectos ha de pasar necesariamente por Galicia, o dominio lingüístico astur-leonés de sur a norte (Mirandés, Leonés e Bables asturianos de oeste a este) e máis adiante polo Pireneo Aragonés e por Cataluña.

As linguas esquimós forman unha cadea dialectal ao longo do ártico canadense, na que cada variedade é altamente comprensible coas variedades próximas situadas en xeral ao leste e ao oeste, pero nas que variedades extremas como o inupiatum de Alaska non é comprensible co Nunatsiavummiutut do Norte de Labrador, malia que existe intelixibilidade destas variedades con outras intermedias.

O paiute meridional abrangue un conxunto de dialectos que forman, en realidade, por un conxunto de dialectos da familia utoazteca que forman un complexo dialectal.

O mixteco.

O cri entre as linguas algonquinas.

Linguas túrquicas.

Outros Continua[editar | editar a fonte]

Ás veces a definición xeográfica de contiuum xeolectal espállase a outros contextos, por exemplo, ás variedades diastráticas ou variantes sociais. Con iso lógrase definir un continuum sociolectal.

Exemplos de continua sociolectais serían: