Presente de indicativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gramática
Tempos verbais
Indicativo
Subxuntivo
Imperativo
Formas infinitas

O presente de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó pretérito de indicativo.

O presente de indicativo é o tempo do acto de fala dialogado e do estilo directo. É un tempo verbal carente de caracterización modal e de perspectiva cronolóxica.

Valores do Presente de indicativo[editar | editar a fonte]

  • Presente propiamente dito: Achega unha realidade coincidente co momento do acto de fala:
  • acción puntual: Agora mesmo entra no pavillón.
  • acción durativa: Camiña pausadamente.
  • acción iterativa: Repenican as campás.
  • Valor imperativo: Ti fas a túa tarefa.
  • Presente permanente ou intemporal: refírese a realidades de validez temporal ilimitada: Dúas e dúas son catro.
  • Presente histórico: Implica o emprego do presente de indicativo referíndose ó pasado: O rei diríxese ó pobo tralo golpe de estado.
  • Presente habitual: Sempre deitamos tarde.
  • Presente prospectivo: Achega unha realidade futura grazas a un adverbio ou locución: Mañá volven os cativos.

Formas[editar | editar a fonte]

ando varro parto
andas varres partes
anda varre parte
andamos varremos partimos
andades varredes partides
andan varren parten