Reino de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Kent

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°N 0°L / 50, 0Coordenadas: 50°N 0°L / 50, 0
CapitalCanterbury Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialinglés antigo Editar o valor em Wikidata
Relixiónpaganismo anglo-saxão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación450 Editar o valor em Wikidata
Disolución871 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoWitenagemot (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata

Reino de Kent.

O Reino de Kent foi o primeiro reino en ser creado polos invasores xermánicos en Inglaterra, cousa que fixo que se convertese en relativamente poderoso no primeiro período anglosaxón. Kent parece que tivo un gran poder a principios do século VII con Ethelbert, que foi recoñecido como bretwalda. Foi o primeiro soberano anglosaxón en aceptar o cristianismo e o primeiro en introducir un código escrito de leis. Despois del, porén, o poderío de Kent comezou a declinar e a partir da metade do século semella que estivo dominado por reinos anglosaxóns máis fortes.

No 686 Kent foi conquistado por Caedwalla de Wessex, que puxo no trono ao seu irmán Mul. A este matárono nunha revolta, pero Caedwalla invadiu de novo o reino e devastouno.

Escultura de Aethelberht de Kent na catedral de Canterbury.

Neste momento Kent caeu nun estado de desorde. Os de Mercia puxeron no trono un rei monicreque, Oswine, que, con todo, semella que só reinou dous anos, despois dos cales tomou o poder Wihtred. Este empeñouse en reconstruír o reino e no 694 fixo a paz con Wessex, pagando un resarcimento polo asasinato de Mul.

A historia de Kent posterior á morte de Wihtred no 725 é fragmentaria e cada vez máis escura. Durante os corenta anos que seguiron, dous ou mesmo tres soberanos reinaron ao mesmo tempo.

Esta especie de división podería ter sido a que fixo de Kent o primeiro obxectivo do crecente poder de Offa de Mercia, que no 764 conseguiu a supremacía sobre Kent, á fronte do cal puxo soberanos monicreques.

Semella que desde principios dos anos setenta do século VIII Offa tentara reinar directamente sobre Kent, provocando unha rebelión. Produciuse unha batalla, en Otford (776), e malia non coñecermos o resultado, as circunstancias dos anos posteriores suxiren que os que venceron foron os rebeldes de Kent: Ecgberht II e despois Ealhmund semellan ter reinado de maneira independente de Offa durante case unha década. Este estado de cousas, porén, non durou moito e Offa estableceu solidamente a súa autoridade sobre Kent no 785, sobre o cal Mercia reinou directamente ata o 796.

Tras a morte de Offa, vista a momentánea febleza de Mercia, en Kent estopou unha rebelión: Eadbert II Praen subiu temporalmente ao poder. O sucesor de Offa, Coenwulf, reconquistou Kent no 798, poñendo no trono a Cuthred. Tras a morte de Cuthred no 807, Coenwulf reinou directamente sobre Kent, pero a autoridade de Mercia viuse substituída pola de Wessex no 825, despois da batalla de Ellandun: o rei monicreque de Mercia, Baldred foi expulsado.

Cando no 892 toda Inglaterra meridional foi unida so o cetro de Alfredo o Grande, Kent estaba no bordo do desastre. Máis ou menos un século atrás os pagáns viquingos comezaran as súas correrías, atacando en primeiro lugar Lindisfarne, na costa de Northumbria, matando os monxes e devastando a a badía. Este estado de cosas continuou ata o 878, cando Alfredo os venceu: seguiu un acordo, que permitiu o seu asentamento na Anglia oriental e no nordeste. Porén, os seus compatriotas daneses estaban aínda en movemento e no curso dos anos oitenta do século IX, Haesten, un líder guerreiro de grande experiencia, reunira unha enorme forza na Francia setentrional, cercando París e tomando posesión da Bretaña.

Máis de 350 naves viquingas levantaron a áncora de Boulogne cara ao sur de Kent no 892. Un exército enorme (entre as 5 e as 10.000 persoas, incluídos mulleres e nenos, atacaron un forte saxón preto da igrexa de San Rumwold, Bonnington, matando a todos. O ano seguinte construíron unha xigantesca fortaleza propia en Appledore. Fronte a isto, os daneses da Anglia oriental e doutras zonas, rotos os pactos estipulados co rei Alfredo, rebeláronse, uníndose ás ordes dos invasores. Tras unha pequena correría, todas as súas forzas movéronse contra os ingleses, combatendo en moitas batallas, e só desistindo ao cabo de catro anos. Algúns retiráronse á Anglia oriental, mentres que outros volveron á Francia setentrional.

Despois da invasión de Guillerme o Conquistador e no curso da Idade Media, en Kent houbo diversas rebelións, entre as cales a Gran sublevación, guiada por Wat Tyler e a continuación, en 1450, a rebelión de Jack Cade.

Reis de Kent[editar | editar a fonte]

Esta táboa contén na terceira columna o título en latín e, debaixo, o título en inglés antigo. Os signos þ e ð correspóndense respectivamente ao <z> de zapato e ao <d> de cada.

O carácter 7 representaba o & usado na escritura anglosaxoa contemporánea.

Lista dos reis de Cantware (Kent)[editar | editar a fonte]

Duración do reinado Rei Notas
do 455 ao c.488 Hengest
(Hengist)
HENGEST VVIHTGILSING CANTVVARE CYNING
HENGEST REX CANTVVARVM
Convértese en rei co seu irmán Horsa
do 455 (ou 449) ao 488 Horsa HORSA VVIHTGILSING CANTVVARE CYNING
HORSA REX CANTVVARVM
Convértese en rei co seu irmán Hengest; morto en combate
do 488 ao 512/516 Oisc
(Oesc, Aesc, Oeric)
ÆSC HENGESTING CANTVVARE CYNING
ÆSC REX CANTVVARVM
do 512/516 ao 534/540 Octha
(Octha)
OCTA ÆSCING CANTVVARE CYNING
OCTA REX CANTVVARVM
do 534/540 ao 564/580 Eormenric EORMENRIC OCTING CANTVVARE CYNING
EORMENRIC REX CANTVVARVM
do 564/580 ao 24 de febreiro de 616 Æthelbert ÆÞELBRYHT EORMENRICING CANTVVARE CYNING
ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM
de febreiro de 616 ao 20 de xaneiro de 640 Eadbald EADBALD ÆÞELBRYHTING CANTVVARE CYNING
EADBALD REX CANTVVARVM
do xaneiro de 640 ao 14 de xullo de 664 Eorcenberht EORCENBRYHT EADBALDING CANTVVARE CYNING
EORCENBRYHT REX CANTVVARVM
de xullo de 664 ao 4 de xullo de 673 Ecgberht I ECGBRYHT EARCONBRYHTING CANTVVARE CYNING
ECGBRYHT REX CANTVVARVM
de xullo de 673 ao 6 de febreiro de 685 Hlothhere HLOÞHERE EARCONBRYHTING CANTVVARE CYNNING
HLOÞHERE REX CANTVVARVM
de febreiro de 685 a agosto de 686 Eadric EADRIC ECGBRYHTING CANTVVARE CYNING
EADRIC REX CANTVVARVM
do 686 ao 687 Mul, Vicerrei de Kent
do 688 ao 690 Oswine OSVVINI CANTVVARE CYNING
OSVVINI REX CANTVVARVM
En conflito con Hlothhere desde o 673
do 676 ao 692 Swaefhard
(Suaebhard, Webhard)
SVVÆFHARD CANTVVARE CYNING
SVVÆFHARD REX CANTVVARVM
do 690 ao 23 de abril de 725 Wihtred VVIHTRED ECGBRYHTING CANTVVARE CYNING
VVIHTRED REX CANTVVARVM
do 725 (ou 754?) ao 748 (ou 762?) Eadberht I EADBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING
EADBRYHT REX CANTVVARVM
do 725 ao 730 Æthelberht II ÆÞELBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING
ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM
Suxeito ao poder do reino de Mercia
do 730 ao 762 Æthelberht II ÆÞELBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING
ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM
Continúa o reinado
do 747 ao c.765? Eardwulf EARDVVLF EADBRYHTING CANTVVARE CYNING
EARDVVLF REX CANTVVARVM
do 759 ao c.764 Eadberht II EADBERHT II CANTVVARE CYNING
EADBERHT REX CANTVVARVM
do 759 ao c.764 Sigered SIGERED CANTVVARE CYNING
SIGERED REX CANTVVARVM
do 762 ao 764 Eanmund EANMVND CANTVVARE CYNING
EANMVND REX CANTVVARVM
Se cadra o mesmo Ealhmund de abaixo?
do 764 ao c.771 Heaberht HEABRYHT CANTVVARE CYNING
HEABERHT REX CANTVVARVM
do 764 ao c.784 Ecgberht II ECGRIHT CANTVVARE CYNING
ECGRIHT REX CANTVVARVM
do 784 ao c.785 Ealhmund EALHMVND CANTVVARE CYNING
EALHMVND REX CANTVVARVM
Conquistado e gobernado por Offa de Mercia (785796).
do 796 ao 798 Eadberht III EADBRYHT PRÆN CANTVVARE CYNING
EADBRYHT REX CANTVVARVM
Deposto por Coenwulf de Mercia
do 798 ao 807 Cuthred CVÞRED CANTVVARE CYNING
CVÞRED REX CANTVVARVM
Probabelmente un rei monicreque
do 798? ou 807? Eadwald EADVVALD CANTVVARE CYNING
EADVVALD REX CANTVVARVM
Reina por estes anos
do 807? ao 825 Baldred BALDRED CANTVVARE CYNING
BALDRED REX CANTVVARVM
Expulsado por Ecgberht