Lingua frisoa setentrional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frisón setentrional
Frasch / Fresk / Freesk / Friisk
Falado en: Alemaña
Rexións: Schleswig-Holstein
Total de falantes: 10 000 (citados en 1976)
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Anglofrisón
    Frisón
     Frisón setentrional
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Distrito de Frisia Setentrional
Helgoland
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: frr
ISO 639-3: frr
Mapa

Distribución das linguas frisoas en Europa:

     Frisón occidental      Frisón setentrional      Frisón oriental

Status

O frisón setentrional está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O frisón setentrional é unha lingua minoritaria de Alemaña, falada por unhas 10 000 persoas en Frisia Setentrional.[2] A lingua forma parte do grupo xermánico de linguas frisoas. Comprende 10 dialectos, que á súa vez se dividen no grupo insular e continental.

O frisón setentrional está estreitamente relacionado coa lingua frisoa oriental do noroeste de Alemaña e coa lingua frisoa occidental que se fala nos Países Baixos. Os tres están relacionados co inglés, e xuntos forman o grupo de linguas anglofrisoas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Minderheiten in Schleswig-Holstein – Friesen" (en alemán). Government of Schleswig-Holstein. Consultado o 4 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Walker, Alastair G.H.; Ommo Wilts (2001). Horst H. Munske, ed. Handbuch des Friesischen – Handbook of Frisian Studies (en alemán e inglés). Tübingen: Niemeyer. ISBN 3-484-73048-X.