David Crystal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Crystal

David Crystal, nado en Lisburn, Irlanda do Norte, o 6 de xullo do 1941, é un estudoso das linguas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou parte da súa infancia en Holyhead (Gales) antes de estudar en Liverpool a secundaria. Realizou os estudos superiores na University College de Londres (UCL), especializándose en lingua inglesa. Foi profesor de Lingüística na Universidade de Reading, responsable de The Cambridge Encyclopedia of Language (1987) e escritor, autor de Language Play (1998), obra na cal investiga sobre o xogo lingüístico, A morte das linguas (2000), onde aborda a desaparición xeneralizada de linguas en tempos recentes e ofrece argumentos a prol dunha ecoloxía lingüística, ou Language and the Internet (2001), entre moitos outros. Desenvolve o seu labor sobre todo na tipoloxía lingüística, pero tamén ten un traballo moi logrado en psicolingüística: Pathologies of the language (1998).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Crystal, D. (2003). A morte das linguas. Tradución de Mariña Castro Eiroa, Editorial Galaxia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]