Lingua protoindoeuropea
|
Temas indoeuropeos |
|---|
| Linguas indoeuropeas |
| Albanés · Anatolio · Armenio Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico Tracio · Tocario · Xermánico |
| Pobos indoeuropeos |
| Albaneses · Anatolios · Armenios Bálticos · Celtas · Eslavos Gregos · Indoarios · Indoiranios Iranios · Itálicos · Tracios Tocarios · Xermanos |
| Protoindoeuropeos |
| Lingua · Relixión · Sociedade |
| Hipóteses Urheimat |
| Hipótese anatolia · Hipótese armenia Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP |
| Estudos indoeuropeos |
Se se acepta a fragmentación do IE (indoeuropeo) en tempos tan remotos como o -3000, ou aínda antes, nas súas ramas oriental e occidental, entón existiría un idioma anterior á fragmentación destas ramas. O protoindoeuropeo sería a reconstrución máis temperá que se fixo do indoeuropeo, isto é, o idioma no seu estado máis antigo.
Crese que este idioma se falou cara ó ano -5000 ou ata o -3000, antes de que se separase a rama anatolia. Unha característica desta etapa do indoeuropeo é que os xéneros non se dividen en masculino e feminino, senón en animado e inanimado, tratándose dunha lingua de tipoloxía activa).
Unha teoría, bastante controvertida, propón que o protoindoeuropeo proviña dunha lingua máis antiga coñecida como nostrático da cal provirían tamén, entre outras, as familias urálica, altaica, dravídica e afroasiática.
Véxase tamén [editar]