Nominativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CASOS
LATINOS
Nominativo
Vocativo
Acusativo
Xenitivo
Dativo
Ablativo
Outros casos

O nominativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Suxeito, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de Atributo.

Proceden dun nominativo latino os vocábulos DĚUS > Deus, RES > res, magĬster> mestre, IESUS > Xesús, SARTOR > prov. sastre> xastre, CURCŬLIO> gorgollo, CAROLUS > Carlos, JUDEX> xuíz, e voces cultas como cráter, vértigo, prefacio, crisis, tórax,...

Caso gramatical das linguas aglutinantes e flexivas (por orde alfabética)
ablativo, acusativo, comitativo, dativo, ergativo (ergatividade), inesivo, nominativo, vocativo, xenitivo; véxase tamén: temporal