Gran Premio de Austria
O Gran Premio de Austria é unha carreira de automobilismo de velocidade que formou parte do calendario da Fórmula 1 en distintos períodos entre 1964 e 2003. A Fórmula 3000 Internacional estivo presente como categoría previa en 1985, 1986 e entre 1998 e 2003.
A primeira edición disputouse en 1964, na pista de aterraxe de Zeltweg Airfield. A carreira foi un éxito, pero a pista foi considerada demasiado perigosa; era estreita e con moitos saltos e os espectadores queixáronse das poucas áreas con vista cara á pista. A Federación Internacional do Automóbil eliminou esta carreira do calendario da Fórmula 1 ata que se construíse un circuíto máis adecuado.
Entre 1970 e 1987, a carreira disputouse no Österreichring, tamén preto de Zeltweg, unha das pistas máis rápidas do campionato xunto con Monza e Hockenheimring. Estas carreiras tiveron un éxito moderado, pero en 1987, esta pista tamén foi cualificada como demasiado perigosa pola FIA, debido á cantidade de curvas de alta velocidade, a falta de protección das árbores, os muros de contención e os accidentes no comezo de moitas carreiras na estreita recta de boxes. A carreira desapareceu durante unha década, ata 1997.
En 1995 e 1996, a pista foi reconstruída e actualizada, o que permitiu organizar novamente o Gran Premio de Austria entre 1997 e 2003. A maior parte da pista remodelada, que recibiu o nome de A1-Ring polo patrocinador, esta situada no territorio municipal de Spielberg.
Durante o Gran Premio de Austria de 2002 ocorreu un feito moi negativo para o deporte, cando o equipo Ferrari ordenou a Rubens Barrichello que cedese a súa vitoria ao seu compañeiro de escuadra Michael Schumacher. Isto conduciu á prohibición de ordes de equipo que determinen de forma artificial o resultado dunha carreira.
-
O Primeiro Gran Premio de Austria disputouse no Circuíto Aeródromo de Zeltweg en 1964
-
O Gran Premio de Austria posteriormente celebrouse en Österreichring, entre 1970 e 1987, máis tarde sería renomeado, e remodelado como A1-Ring.
-
Actual trazado de A1-Ring ou como actualmente se chama Red Bull Ring.
Índice |
Records [editar]
- Pilotos
- Maior número de vitorias – Alain Prost, 3
- Maior número de podios – David Coulthard, 5
- Maior número de puntos – David Coulthard, 39
- Maior número de poles – René Arnoux, Nelson Piquet & Niki Lauda, 3 (empate)
- Maior número de Grandes Premios – Jacques Laffite, 12
- Equipo
Gañadores do Gran premio de Austria [editar]
Gañadores múltiples [editar]
Pilotos [editar]
Só se inclúen as carreiras do Campionato do Mundo
| Gañados | Piloto | Anos |
|---|---|---|
| 3 | 1983, 1985, 1986 | |
| 2 | 1973, 1978 | |
| 1977, 1979 | ||
| 1998, 2000 | ||
| 2002, 2003 |
Construtores [editar]
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Equipos en negra siguen competindo no Campionato Mundial de Fórmula 1.
| Gañados | Construtor | Anos | |
|---|---|---|---|
| 6 | 1984, 1985, 1986, 1998, 2000, 2001 | ||
| 5 | 1964, 1970, 1999, 2002, 2003 | ||
| 4 | 1972, 1973, 1978, 1982 | ||
| 3 | 1979, 1987, 1997 | ||
| 2 | 1963, 1974 | ||
| 1980, 1983 | |||
Por Ano [editar]
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.