Shadow Racing Cars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United States.svg[1] / Flag of the United Kingdom.svg[2] Shadow
Shadow Racing Cars logo.jpg
Nome completo Shadow Racing Cars Inc.
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg, Estados Unidos de América Estados Unidos
Baseada en Northampton, Reino Unido
Tempadas en activo 8 (1973-1980)
Número de pilotos Francia Jean-Pierre Jarier
Australia Alan Jones
Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce
Flag of the United States.svg Peter Revson
Debut Gran Premio de Suráfrica de 1973
Carreiras 112
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 1
Pole positions 3
Voltas Rápidas 2
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1980

Shadow Racing Cars foi un equipo de Fórmula 1, fundado e baseado inicialmente nos Estados Unidos aínda que posteriormente trasladouse a Reino Unido. O equipo foi titular dunha licenza estadounidense desde 1973 a 1975 e dunha licenza británica desde 1976 ata 1980, converténdose así no primeiro construtor en cambiar oficialmente a súa nacionalidade. A súa única vitoria en F1 logrouna como equipo británico.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

1971-1972 : Os primeiros anos da serie CanAm[editar | editar a fonte]

A compañía foi fundada por Don Nichols en 1971 como Advanced Vehicle Systems, os coches foron chamados Shadows (sombras), deseñados por Trevor Harris participaron baixo o nome de Shadow Racing Inc. O primer Shadow, o Mk I, foi presentado nas CanAm series con George Follmer e Vic Elford como pilotos. O Mk.1 contou cun deseño innovador, con rodas moi pequenas de fricción baixa, aínda que o coche era rápido, non era o coche máis fiable na pista.

O equipo fíxose máis competitivo o ano seguinte, sustituiron o coche de Harris por un deseño de Peter Bryant, foi o Ti22 "coche de titanio" debido algúns elementos do coche, con Jackie Oliver terminou oitavo no campionato CanAm. O equipo tamén atopou algo de apoio financeiro na Universal Oil Products (UOP).

Shadow chegou a dominar a serie de 1974, aínda que a estas alturas estaban competindo en gran medida contra os privados, os equipos oficialesde McLaren e Porsche abandonaran a serie.

1973-1974 : Comezo na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

O Hill Shadow DN1 de 1973 nunha demostración no Goodwood Festival of Speed de 2008.

Cara ao final de 1972, Nichols anunciou que entraría co seu equipo na Fórmula 1 co patrocinio de UOP e os coches deseñados por, Tony Southgate, quen deseñara o BRM que deu a Jean-Pierre Beltoise a vitoria no Gran Premio de Mónaco do ano anterior.

O equipo debutou na Fórmula Un no Gran Premio de Suráfrica de 1973 co chasis Shadow DN1. Estaban dispoñibles dous coches para os pilotos Jackie Oliver e George Follmer, así como un para o equipo privado de Graham Hill que pilotaba o seu coche baixo o nome Embassy Hill.

Para a tempada 1974, o equipo contratou a dous dos pilotos máis prometedores do momento, o americano Peter Revson e o francés Jean-Pierre Jarier. Durante unha práctica para o Gran Premio de Suráfrica, Revson morreu por un fallo na suspensión do seu DN3. Foi reemplazado por Tom Pryce.

1975-1977: Máximo éxito[editar | editar a fonte]

DN7 con motor Matra pilotado por Jean-Pierre Jarier un feito illado durante o Gran Premio de Austria de 1975.
O DN9 foi copiado por Arrows antes de que unha orde xudicial prohibira a Arrows correr ca súa versión, o FA/1.

O novo DN5 pilotado por Jean-Pierre Jarier logrou a pole position nos dous primeiros Grandes Premios da tempada 1975 pero sufriu un fallo mecánico en ambas carreiras. O Shadow DN5 e a maioría dos coches de Fórmula 1 usaban motores Ford Cosworth DFV, que producían ao redor de 490 bhp. Pero, en 1975 Jarier pilotou outro coche, o DN7, e estaba equipado cun Matra V12 que producía ao redor de 550 bhp. A distancia entre eixes alargouse considerablemente para acomodar o motor francés moito máis grande e máis caro, aínda que debido a cuestións presupuestarias, o motor Matra do DN7 foi condenado a ser un feito illado. O novo compañeiro de equipo de Jarier, Tom Pryce, mostrou o seu talento ao gañar a carreira non de campionato, a Carreira de Campións ese mesmo ano. Pero Pryce, morreu nun estraño accidente que implicou un comisario no Gran Premio de Suráfrica de 1977.

O equipo reemprazou a Pryce por Alan Jones, que só gañou un Gran Premio co equipo o Gran Premio de Austria do mesmo ano.

1978-1980: Declive[editar | editar a fonte]

Logo da tempada 1977 Shadow entrou nun forte declive. Alan Jones abandonou para unirse a Williams en 1978. Nese mesmo período, a maioría do seu persoal e o seu patrocinador Franco Ambrosio abandonaron para formar o seu propio equipo, Arrows, fichando ao talentoso mozo Riccardo Patrese. Malia o patrocinio da tabaqueira Villiger e a fichaxe dos experimentados pilotos Clay Regazzoni e Hans Stuck para a tempada de 1978, os resultados foron pobres. En 1980 foron absorbidos por Theodore Racing, pero o primeiro chasis Shadow con efecto terra era desesperadamente non competitivo, só cualificou unha vez un coche en sete carreiras. O patrocinador abandonou e logo da sétima das 14 carreiras da tempada o equipo Shadow desapareceu.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos
1973 Shadow DN1 Ford V8 G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA 9
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Oliver Ret Ret Ret 10 Ret Ret Ret Ret 8 Ret 11 3 15
Flag of the United States.svg George Follmer 6 3 Ret NTS 14 Ret Ret 10 Ret Ret 10 17 14
Flag of the United Kingdom.svg Brian Redman DSC
1974 Shadow DN1
Shadow DN3
Ford V8 G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 7
Flag of the United States.svg Peter Revson Ret Ret DNP
Flag of the United Kingdom.svg Brian Redman 7 18 Ret
Flag of Sweden.svg Bertil Roos Ret
Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce Ret Ret 8 6 Ret 10 Ret NC
Francia Jean-Pierre Jarier Ret Ret DNP NC 13 3 5 Ret 12 Ret 8 8 Ret Ret 10
1975 Shadow DN3
Shadow DN5
Shadow DN7
Ford V8
Matra V12
G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 9´5
Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce 12 Ret 9 Ret Ret 6 Ret 6 Ret Ret 4 3 6 NC
Francia Jean-Pierre Jarier NTS Ret Ret 4 Ret Ret Ret Ret 8 14 Ret Ret Ret Ret
1976 Shadow DN5
Shadow DN5B
Shadow DN8
Ford V8 G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 10
Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce 3 7 Ret 8 10 7 9 8 4 8 Ret 4 8 11 Ret Ret
Francia Jean-Pierre Jarier Ret Ret 7 Ret 9 8 12 12 9 11 Ret 10 19 18 10 10
1977 Shadow DN5B
Shadow DN8
Ford V8 G ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN 23
Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce NC Ret Ret
Australia Alan Jones Ret Ret 6 5 17 Ret 7 Ret 1 Ret 3 Ret 4 4
Italia Renzo Zorzi Ret 6 Ret Ret Ret
Italia Riccardo Patrese 9 Ret Ret Ret 10 13 Ret 10 6
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Oliver 9
Italia Arturo Merzario Ret
Francia Jean-Pierre Jarier 9
1978 Shadow DN8
Snadow DN9
Ford V8 G ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN 6 11º
Alemaña Hans-Joachim Stuck 17 Ret NSC NTS Ret Ret Ret 11 11 5 Ret Ret Ret Ret Ret Ret
Suíza Clay Regazzoni 15 5 NSC 10 NSC Ret 15 5 Ret Ret NSC NC NSC NC 14 NSC
1979 Shadow DN9 Ford V8 G ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA 3 10º
Flag of the Netherlands.svg Jan Lammers Ret 14 Ret Ret 12 10 NSC 18 11 10 Ret Ret NSC 9 NSC
Italia Elio de Angelis 7 12 Ret 7 Ret Ret NSC 16 12 11 Ret Ret Ret Ret 4
1980 Shadow DN11
Shadow DN12
Ford V8 G ARX BRA RSA USW BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA 0 NC
Flag of Sweden.svg Stefan Johansson NSC NSC
Flag of the United Kingdom.svg Geoff Lees 13 NSC NSC NSC NSC
Flag of Ireland.svg David Kennedy NSC NSC NSC NSC NSC NSC NSC

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shadow Racing Cars Modificar a ligazón no Wikidata
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre: