Constantino II, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino II, antipapa
Nacementoc. 710
Lugar de nacementoNepi
Falecementoséculo VIII
Ocupaciónsacerdote
IrmánsToto of Nepi
editar datos en Wikidata ]

Constantino II, nado en Nepi, foi antipapa desde o 29 de xuño de 767 ao 6 de agosto de 768, durante o pontificado de Estevo III.

Tras a morte do papa Paulo I, o duque de Nepi aproveita para provocar unha insurrección armada e proclamar como papa ao seu irmán, un laico que tomará o nome de Constantino II.

Ao ser laico, foi ordenado antes de ser consagrado Papa, circunstancia nada infrecuente na época, pero que será o motivo polo que un tribunal eclesiástico o depoña o 6 de agosto de 768. Despois de ser deposto arrincáronlle os ollos e foi confinado a un mosteiro, onde máis adiante falecería.[1]

Desígnase como sucesor a un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Apeles Santoralia, José (2005). El Papa ha muerto, ¡viva el Papa!: cómo cambia el poder en el Vaticano. p. 145. ISBN 9788489779662. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.