Imposta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun arco 1. Clave 2. Doela 3. Extradorso 4. Imposta 5. Intradorso 6. Frecha 7. Luz, Van 8. Contraforte.

A imposta é, en arquitectura, un saínte ou saledizo que separa os diferentes pisos dun edificio. Tamén se coñece como Imposta o saínte prismático a modo de capitel rudimentario que se coloca sobre un machón ou pilastra.

En arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.

A imposta corrida (tamén chamada corón ou cincho) é a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos.