Ponte Maior de Ourense
Coordenadas: 42°20′43″N 7°52′06″W / 42.34528°N 7.86833°W
| Ponte Maior de Ourense | |
|---|---|
| Río | Miño |
| Concello | Ourense |
| Provincia | Ourense |
| Data | século XIII [1] |
| Lonxitude | 370 m |
| Ancho | 5 m |
| Gálibo | 38 m |
| Tipo | en arco |
| Material | pedra |
A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como Ponte Romana, ou Ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense.
Índice |
Historia [editar]
Ten a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova.
A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila.
Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449,[2] até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual,[3] indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio.
Durante moito tempo o arco central da Ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España, até que a mediados do século XIX, coa apertura da estrada entre Villacastín e Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade.
Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano.
Na actualidade, e trala súa peonización en 1989, é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a Catedral de San Martiño.
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium.
- ↑ Enciclopedia Universal DVD ©Micronet S.A. 1995-2006.
- ↑ Galegos.info