Confederación Nacional do Traballo
| Confederacións Nacional del Trabajo (CNT) | |
|---|---|
| Sindicato de España | |
| Líder | Alfonso Álvarez (Secretarío Xeral) |
| Fundación | 1910 |
| Sede | Córdoba |
| Ideoloxía | Anarcosindicalismo Comunismo libertario |
| Filiación internacional |
Asociación Internacional dos Traballadores |
| Afiliados | |
| Delegados sindicais |
|
| Publicación oficial | |
| Páxina web | www.cnt.es |
A Confederación Nacional do Traballo (CNT) é unha unión confederal de sindicatos autónomos de ideoloxía anarcosindicalista de España, adherida á organización de carácter transnacional Asociación Internacional dos Traballadores (AIT). Por este motivo tamén é coñecida co nome de CNT-AIT. É unha organización que xogou un papel moi significativo dentro dos movementos sociais relacionados co anarquismo.
Fundada o 30 de outubro de 1910 en Barcelona a partir de grupos organizados en torno ó sindicato Solidariedade Obreira, recolleu a testemuña do espírito do movemento anarquista español que se traza desde a creación da Federación de Traballadores da Rexión Española, organización que sucedeu á sección española da Primeira Internacional.
Cun significativo legado histórico e cultural, a CNT continúa hoxe participando no movemento obreiro español baseándose nos principios da autoxestión, o federalismo e a axuda mutua.
Índice
|
[editar] Organización e funcionamento
[editar] Afiliación
Pode pertencer á CNT calquera persoa, coa excepción de policías, militares ou corpos armados. Non cómpre acreditar ningunha ideoloxía para afiliarse, sendo compatible incluso a dobre militancia nun partido político e o sindicato. Porén, as persoas que ocupan cargos en partidos políticos non poden facer o mesmo no sindicato. Esta medida tómase para evitar que algunha formación política poida dirixir ou instrumentalizar a CNT.
[editar] Obxectivos
Como organización sindical, segundo os seus estatutos, a CNT pretende:
b) Practicar a axuda mutua entre as colectividades federais, sempre que sexa necesario e estas o reclamen, tanto en casos de folga como en calquera outro que puidera presentárselles.
Os obxectivos da CNT non se limitan á defensa dos intereses da clase obreira, senón que inclúen o desexo dunha transformación radical da sociedade a través do sindicalismo revolucionario:
-
- A intención de agrupar ó mundo do traballo para a defensa dos seus intereses inmediatos e obter melloras na súa calidade de vida. Para isto forma sindicatos.
- A creación dunha estrutura na que non haxa dirixentes nin poder executivo.
- O desexo de transformación radical da sociedade, transformación á que se chega por medio da Revolución Social. Sen finalidade transformadora non existe o anarcosindicalismo.
Para lograr a revolución social a organización ten esbozado un sistema económico-social a través do concepto confederal do comunismo libertario, que consiste nunha serie de ideas xerais propostas para a organización dunha sociedade anarquista.
Como organización que se inspira nas ideas libertarias, identifícase tamén coas loitas dos diferentes movementos sociais. Desta maneira, a CNT defende causas alleas ó mundo laboral como a dignidade das persoas recluídas en prisións, as reivindicacións ecoloxistas, a loita contra a discriminación da muller, a oposición ó militarismo ou a okupación.
A CNT é unha organización de carácter internacionalista, pero apoia o dereito á autodeterminación dos pobos e a súa soberanía respecto ós estados:
[editar] Estrutura
A estrutura organizativa da CNT está pensada para previr na medida do posible a burocracia e os liderados. Á dereita amósase un esquema básico de dita estrutura, desenvolvéndose os seus elementos a continuación.
[editar] Sindicatos de ramo e de oficios varios
A estrutura de base da CNT son os sindicatos de ramo, que agrupan ós traballadores de distintos oficios dentro de cada ramo da produción. Cando non existen vintecinco persoas traballando nun mesmo ramo fórmase un sindicato de oficios varios (SOOVV), que pode incluír a traballadores de diferentes oficios e ramos da produción e que require un mínimo de cinco persoas para a súa constitución. Se non se chegase tampouco a esa cantidade, pódese crear un núcleo confederal.
O poder de decisión dos sindicatos de ramo e de oficios varios reside na asemblea. As decisións son tomadas por tódolos traballadores do sindicato en cuestión polo sistema da democracia directa e o consenso.
[editar] Seccións sindicais
As seccións sindicais son as asembleas de traballadores do sindicato que se encontran traballando nun mesmo centro de traballo ou empresa. A asemblea da sección sindical elixe unha delegación da sección sindical, que adoita ser rotativa e que representará as opinións da sección sindical nas reunións con outros organismos, pero que non ten poder de decisión.
[editar] Comité e secretarías
A asemblea escolle un comité que realiza tarefas rutinarias ou administrativas que non requiren a discusión de tódolos membros, pero non ten poder de decisión. Os comités poden organizarse a través de diferentes secretarías, como por exemplo:
- Secretaría xeral.
- Organización.
- Tesourería e asuntos económicos.
- Propaganda, cultura e arquivo.
- Prensa e información.
- Xurídica e pro-presos.
- Acción sindical.
- Acción social.
O número de secretarías pode ser variable, habendo un mínimo de tres (as tres primeiras). Forman parte do comité tamén as delegacións das seccións sindicais das empresas do ramo.
[editar] Federacións e confederacións
A CNT organízase de forma anárquica, de abaixo arriba, a través de diferentes niveis de confederacións, seguindo o principio federativo.
[editar] Federacións locais e comarcais
Os distintos sindicatos de ramo ou de oficios varios dun mesmo concello constitúen a federación local de sindicatos[1] que se coordina por medio dun comité local, coas mesmas características e atribucións dos comités dos sindicatos. O comité local elíxese mediante un pleno local de sindicatos no que os distintos sindicatos de ramo ou de oficios varios envían delegacións con acordos por escrito tomados previamente en asemblea.
Á súa vez os sindicatos de concellos próximos poden agruparse nunha federación comarcal.
[editar] Confederacións rexionais
As confederacións rexionais son a unión de varios sindicatos dun mesmo entorno xeográfico de orde rexional. Novamente a estrutura se repite, elíxese un comité rexional co seu secretario xeral e resto de secretarías nun pleno rexional de sindicatos no que as diferentes federacións locais envían delegacións con acordos por escrito tomados previamente en asemblea.
A división rexional da CNT sufriu algúns cambios a través do tempo. A división contemporánea —non coincidinte coa das comunidades autónomas oficiais de España— preséntase a continuación, xunto co actual mapa confederal da organización.
En Galiza a Confederación Rexional Galaica conta actualmente con 7 sindicatos.
|
Andalucía |
Cataluña - Baleares |
Extremadura |
A CNT tamén conta cunha rexional exterior con presencia en París, Toulouse e Montpellier (Francia).
[editar] Confederación nacional ou anarcosindical
| Nome | Desde | Ata | |||
|---|---|---|---|---|---|
| Luis Fernando Barba | maio 1995 | decembro 1995 | |||
| José Luis Velasco | decembro 1995 | febreiro 1998 | |||
| Luis Fuentes | decembro 1998 | outubro 2000 | |||
| Ana Sigüenza | outubro 2000 | marzo 2003 | |||
| Iñaki Gil | abril 2003 | xullo 2005 | |||
| Rafael Corrales | xullo 2005 | agosto 2007 | |||
| Fidel Manrique | agosto 2007 | decembro 2010 | |||
| Alfonso Álvarez | decembro 2010 | no cargo | |||
| Secretario Xeral da CNT | |||||
As confederacións rexionais envían delegacións nos mesmos termos que nos casos anteriores a un pleno nacional de rexionais, que actúa no ámbito xeográfico de España e que constitúe a confederación nacional, tamén coñecida como a anarcosindical. O pleno nacional de rexionais elixe un secretario xeral nacional e unha federación local como sede do comité nacional. A federación local é á que pertence a persoa elixida como secretario xeral. É por este motivo que a CNT non conta cunha sede central fixa, senón que vai cambiando dependendo de onde sexa o lugar de traballo do secretario xeral elixido en cada ocasión. Á esquerda amósase unha táboa cos últimos secretarios xerais da CNT. Para unha lista máis completa véxase Secretario Xeral da CNT.
O pleno local da federación local elixida como sede reúnese para designar o resto de secretarías. O secretario xeral elixido polo pleno nacional de rexionais e as secretarías escollidas polo pleno local da federación local que é sede, forman o Secretariado Permanente do Comité Nacional (SP-CN) da CNT. O resto do comité nacional fórmano as secretarías xerais de cada rexional. Como todos os comités da CNT, as súas atribucións son técnicas ou administrativas, non podendo tomar decisións.
[editar] Congreso da CNT
| Congreso | Localidade | Datas |
|---|---|---|
| Constitución | Barcelona | 30 de outubro - 1 de novembro de 1910 |
| I | Barcelona | 8 - 11 setembro de 1911 |
| II | Madrid | 10 - 18 de decembro de 1919 |
| III | Madrid | 11 - 16 de xuño de 1931 |
| IV | Zaragoza | 1 - 10 de maio de 1936 |
| V | Madrid | 8 - 16 de decembro de 1979 |
| VI | Barcelona | 12 - 16 de xaneiro de 1983 |
| VII | Bilbao | abril 1990 |
| VIII | Granada | 6 - 10 de decembro de 1995 |
| IX | Perlora, Carreño | 1 - 3 de novembro de 2002 |
| X | Córdoba | 4 -8 de decembro de 2010 |
Ó congreso da CNT acoden representacións directas dos sindicatos de ramo ou de oficios varios independentemente dos escalafóns locais ou rexionais, con acordos tomados por escrito en asemblea previa. O congreso ten entre as súas atribucións decidir sobre a actividade xeral da CNT, e pode nomear un novo comité nacional. Desde a fundación da CNT en 1910 celebráronse nove congresos, ademais do congreso de constitución da organización, como se amosa na táboa da dereita.
O congreso convócao o comité nacional con un ano de antelación cando hai unha necesidade imperiosa ou existen novas situacións que hai que valorar. Tras ratificarse nun pleno nacional de rexionais, preséntanse os temas de discusión e comeza o debate en cada sindicato membro da CNT sete meses antes da data do inicio do congreso.
[editar] Plenos
Outra forma de tomar decisións é a través dos plenos locais, rexionais e congresos, nos que os sindicatos de ramo ou de oficios varios participan directamente enviando delegacións con acordos tomados previamente por escrito en asemblea. O pleno nacional de rexionais non segue esta regra, pois neste caso acoden distintas delegacións das confederacións rexionais con acordos tomados previamente por escrito nos seus respectivos plenos rexionais de sindicatos.
[editar] Plenarias
As reunións dos diferentes comités (locais, rexionais, nacionais) reciben o nome de plenarias. Nas plenarias non se poden tomar decisións, senón tan só levar a cabo cuestións técnicas e administrativas.
[editar] Estruturas paralelas
[editar] Conferencias
As conferencias son reunións abertas nas que se discuten asuntos e se expoñen temas, e serven para pescudar a opinión xeral da organización nun determinado momento. As discusións pasan logo ós sindicatos de base para o seu estudo. Poden acudir a elas persoas representándose a si mesmas ou a outro organismo ou sindicato, pero non se poden tomar acordos.
[editar] Federacións de industria
As federacións de industria coordínanse segundo similitude de ramo e non xeográfica. A totalidade dos sindicatos da CNT dun ramo da produción forman a federación nacional de industria dese ramo, diferindo da estrutura de sindicatos de ramo coordinados por federacións e confederacións locais e rexionais. Tamén existen federacións de industria de nivel rexional.
As federacións de industria posúen autonomía para actuar naqueles asuntos que son da súa incumbencia. Nomean representantes que están presentes nas confederacións nacionais e rexionais con voz pero sen voto.
Algunhas das federacións de industria da CNT son:
-
- Correos, de Asturias.
- Ensino, de Andalucía.
- Ensino, de Castilla y León.
- Ensino, de Cataluña.
- Estatal de Ensino.
- Federal de Correos e Telégrafos.
- Sindicato Federal de Telefónica.
- Estatal de Servizos Públicos.
- Estatal da Construción.
- Estatal de Artes Gráficas.
[editar] Outros organismos
[editar] Medios de expresión
A CNT conta cun periódico coñecido como o CNT que funciona de forma autónoma. Elíxese a súa dirección e localidade de residencia nun congreso ou pleno nacional. A dirección ocúpase da distribución, impresión, venta, administración das subscricións e recepción de artigos para o periódico. O director elixido para o periódico acode ás reunións do comité nacional da CNT con voz pero sen voto. O secretario xeral da CNT é a persoa encargada de redactar a editorial do periódico. O CNT ten unha periodicidade mensual, edítase cunha licencia Creative Commons de carácter copyleft e ademais de en papel pódese ler na Internet.[2]
Os sindicatos e organismos que forman parte da CNT poden ter tamén os seus propios medios de expresión. Solidaritat Obrera é o periódico da Confederación Rexional de Traballo de Cataluña e é o órgano de expresión dos sindicatos federados á anarcosindical máis antigo, datando a súa fundación do ano 1907. Outros medios son La tira de papel, o boletín da Coordinadora Nacional de Artes Gráficas, Comunicación e Espectáculos, Cenit, o periódico da rexional exterior, ou Bicel, o boletín editado pola Fundación Anselmo Lorenzo.
A Confederación Rexional Galaica edita o Solidariedade Obreira.
[editar] Fundación Anselmo Lorenzo
Unha das prioridades da CNT expostas nos acordos do VIII congreso de Granada é a de recuperar a memoria histórica do anarquismo español. A principal forma da CNT de traballar nese campo é o desenvolvemento de proxectos a través da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo, tamén coñecida como Fundación Anselmo Lorenzo ou simplemente a FAL.
A FAL funciona de forma autónoma. O seu director é elixido nun pleno nacional de rexionais ou nun congreso. Algunhas das súas actividades son:
-
- Mantemento, catalogación e ofrecemento ó público dos fondos históricos da CNT.
- Edición de libros e materiais noutros formatos.
- Preparación de eventos culturais en congresos da CNT ou da AIT, charlas, coloquios, conferencias, videoforums, presentacións de libros, etc.
- Edición dun boletín interno chamado Bicel (Boletín Interno de Centros de Estudios Libertarios).
- Coordinación con outros proxectos similares vinculados á FAL.
[editar] Relación coa AIT
A Asociación Internacional dos Traballadores ou AIT é unha organización transnacional á que acoden delegacións das anarcosindicais dos distintos países. As anarcosindicais nacionais son coñecidas como seccións da AIT, podendo existir unicamente unha en cada país. A CNT é a sección española de dita organización.
A AIT ten un secretariado internacional elixido polas diferentes seccións, e pode estruturarse por continentes a través do sistema de federacións de industria.
[editar] Votacións
Polo xeral na CNT evítanse na medida do posible as votacións, preferindo a fórmula da decisión por consenso. Mentres este sistema é plausible nos sindicatos de base, nos escalafóns máis altos faise máis difícil evitar por completo as votacións:
-
- Se cada sindicato dispón dun voto, un sindicato de 1000 afiliados disporía da mesma capacidade de decisión dun de 50. Dous sindicatos de 25 (2 votos) poderían impor a súa opinión ó de 1000 (1 voto).
- Se se vota por número de afiliados, un sindicato de 2000 afiliados tería 2000 votos, e 100 sindicatos de 20 afiliados disporían da mesma capacidade de decisión dun só sindicato. A distribución xeográfica de 100 é moito máis ampla que a de 1, e un acordo obriga a todos por igual, de forma que os sindicatos pequenos teñen a mesma responsabilidade que os grandes, pero moitas máis dificultades.
- Encóntrase ademais o problema das minorías. Un sindicato que en asemblea decidise ir á folga por 400 votos contra 350, defendería a postura da folga, que é o que decidiu a súa asemblea. O sindicato B da federación local di que non á folga por cien contra 25. O sindicato C da federación local di que si por unanimidade de 15 votos. Son dous sindicatos a favor da folga e un en contra, e polo tanto a folga sería convocada se fora un voto por sindicato, pero sumando os votos negativos á folga sairían 450 votos en contra e 440 a favor.
Anarcosindicalismo básico
| Desde | Ata | Votos |
|---|---|---|
| 1 | 50 | 1 |
| 51 | 100 | 2 |
| 101 | 300 | 3 |
| 301 | 600 | 4 |
| 601 | 1.000 | 5 |
| 1.001 | 1.500 | 6 |
| 1.501 | 2.500 | 7 |
| 2.500 | en adiante | 8 |
Para minimizar no posible estes problemas utilízase un sistema de votación proporcional baseado no número de afiliados ou cotizantes de cada sindicato da anarcosindical, segundo se amosa na táboa da esquerda.
Porén, o sistema non é infalible e pode propiciar situacións discriminatorias para cos sindicatos con maior número de afiliacións:
Na CNT considérase que isto non é excesivamente grave, pois normalmente os acordos consénsuanse tras longas discusións, aínda que se admite que o sistema podería ser mellorado:
[editar] Métodos
A CNT baséase en tres principios básicos, a autoxestión, o federalismo e a axuda mutua, e considera que os conflitos laborais deben solucionarse entre patróns e traballador, sen o concurso de intermediarios como organismos oficiais do Estado ou sindicalistas profesionais. Por esta razón o sindicato é crítico coas eleccións sindicais e comités de empresa sendo partidario no seu lugar das asembleas de traballadores, seccións sindicais e a acción directa, tendendo tamén a evitar na medida do posible as causas xudiciais. Os cargos administrativos no sindicato son rotatorios e non remunerados. [3]Considéranse máis positivas as subidas de soldo lineais que as porcentuais xa que as primeiras tenden a favorecer a igualdade de salarios.
As medidas sindicais ás que adoita recorrer a CNT son a exhibición de pancartas diante das sedes de empresas coas que o sindicato mantén algún conflito e a apelación aos consumidores a boicotear os seus produtos e á solidariedade[4] cos traballadores que se atopan en problemas. Durante as folgas, poden crearse caixas de resistencia para apoiar economicamente aos folguistas e ás súas familias.
A CNT organízase ao redor de sindicatos de ramo. Esta táctica adoptouse cara ao ano 1918, nos tempos das grandes loitas sociais do reinado de Afonso XIII:
Aínda que houbo casos de pistoleirismo na década de 1920, a CNT non promove a violencia nin o ataque a persoas.
[editar] Historia
- Véxase tamén: Anarquismo en España.
[editar] Os primeiros anos
O movemento anarquista español carecía dunha organización nacional estable nos seus primeiros anos. O anarquista Juan Gómez Casas discutiu a evolución da organización anarquista antes da creación da CNT:
Existiu un consenso xeral entre os anarquistas a principios do século XX de que unha nova organización laboral nacional necesitábase para traer coherencia e forza ao movemento. Esta situación enmarcábase dentro do proceso natural da revolución industrial. Durante a restauración borbónica, aos partidos tradicionais e dinásticos representados por Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta, o movemento obreiro emerxente uniuse ao redor do PSOE como forza política e da UXT como sindicato obreiro. Non faltaban tampouco os movementos republicanos e con máis acento demócrata que parte da nova burguesía apoiaba.
O peso do sindicalismo revolucionario dos primeiros anos procedia das teses dos redactores de Solidaridad Obrera José Prat e Ricardo Mella, procedentes do anarcosindicalismo, pero que creian nos preceptos basicos da loita sindicalista revolucionaria.
Así, a CNT naceu cara en 1910 en Barcelona nun congreso do sindicato catalán Solidaritat Obrera co obxectivo de constituír unha forza relevante opositora ao sindicato maioritario por entón, a socialista UXT e "apresurar a emancipación económica da clase traballadora a través da expropiación revolucionaria da burguesía...". A CNT comezou sendo pequena, con ao redor de 30.000 membros a través de varios sindicatos e outras confederacións.
Ou primeiro nome foi Confederación Rexional do Traballo de Cataluña, que se mudou en setembro do ano seguinte non congreso celebrado en Barcelona. En 1911 con ocasión do seu primeiro congreso convocouse unha folga xeral o que provocou que o sindicato fose ilegalizado ata 1914. Nese mesmo ano de 1911, o sindicato recibiu oficialmente o seu nome.
A partir de 1916 a CNT cambiou de estratexia con respecto á UXT establecendo relacións con este sindicato, o que fixo que ambas as organizacións convocasen conxuntamente a folga xeral de 1917. No segundo congreso da CNT en 1919 estudouse a posibilidade da fusión das organizacións para contribuír a unha maior unidade do movemento obreiro español. No mesmo congreso aprobouse a vinculación provisional da CNT á Terceira Internacional, pero trala visita de Ángel Pestaña á URSS e por consello deste, a CNT apartarase dela definitivamente en 1922.
[editar] Auxe da CNT
A organización interna baseouse nun principio en sindicatos de oficios, pero en 1918 optouse por constituir sindicatos únicos que agrupaban os sindicatos de empresa e de industria.
A partir de 1918 a CNT fortaleceuse por unha crise na industria catalá, o que levou a moitos obreiros a afiliarse ao sindicato. O sindicato tivo un papel destacado no desenvolvemento da folga de A Canadense. Entón empezou a render o pánico entre os patróns, sendo a orixe do pistoleirismo que propiciou un auxe da violencia e afectou significativamente ao sindicato.
En 1922 fórmase en Berlín a Asociación Internacional dos Traballadores, organización á que se adhire a CNT. En 1923, coa ditadura de Miguel Primo de Rivera, o sindicato é ilegalizado.
En 1927 e ante o posicionamento "moderado" dalgúns cenetistas, créase en Valencia a Federación Anarquista Ibérica (FAI), unha asociación de grupos de afinidade anarquistas, que desempeñará un papel importante nos seguintes anos a través da denominada trabazón coa CNT, é dicir a presenza de elementos faístas na anarcosindical. A intención era que o sindicato non se afastase dos postulados ácratas.
[editar] A Segunda República
A proclamación da Segunda República española permitiulle unha actividade máis pública.
Tras a caída do antigo réxime hai un inicial apoio á Segunda República que irá diminuíndo durante o período do 1931-1933 polos constantes enfrontamentos coas autoridades republicanas nas sucesivas folgas sectoriais e xerais, ao final do cal ata levarán a cabo as chamadas revolucións de Xaneiro e de Decembro, ambas rapidamente controladas polo Estado, e ós sucesos de Casas Viejas. Naquel entón, o núcleo principal da CNT estaba en Cataluña, pero noutras rexións gañaba importancia como en Aragón (onde era maioritario fronte a UXT) ou Andalucía.
As tensións entre a "parte moderada" (non faístas) e a "parte radical" (faístas) son constantes e complexas de analizar dado o carácter descentralizado e sectorial da organización. Finalmente en 1931 un grupo de non faístas publica o Manifesto dos Trinta que dará lugar ao trintismo e en 1932 Ángel Pestaña crea o Partido Sindicalista.
Neste mesmo ano, a súa posición de abstencionismo electoral facilitou o triunfo da dereita.
O bienio radical-cedista supuxo unha etapa de clandestinidade que atacou profundamente as bases do anarcosindicalismo a nivel nacional, durante o que a CNT participaría nun plano secundario fronte á iniciativa socialista na chamada Revolución de Outubro de 1934. En Asturias, con todo, a Confederación Rexional do Traballo de Asturias, León e Palencia da CNT participará activamente na revolución como consecuencia da súa postura máis proclive á alianza obreira formalizada a través da UHP co pacto coa UXT e a FSA. Deste xeito, en La Felguera, e no barrio do Chairo de Xixón chegáronse a dar breves experiencias de comunismo libertario:
Considérase que houbo ata 30.000 encarcerados durante este período. A exitosa folga de transportes en Zaragoza, continuada por folga xeral, que durou máis de dúas semanas, convocouse en unidade coa UXT en 1935. Con todo, a colaboración non callou en seguintes accións.
As eleccións de 1936 tras o desmoronamiento do goberno de Lerroux colocaron nunha complexa tesitura á CNT. As opinións dentro da organización repartíanse entre o tradicional abstencionismo, o deixar vía libre aos obreiros para votar, ou directamente a pedir o voto para a Fronte Popular. Este tiña entre as súas promesas electorais a amnistía para os presos. Renunciou ao abstencionismo en febreiro de 1936, considerándose que unha parte do crecemento da Fronte Popular sobreveu precisamente polo voto libertario.
[editar] A Guerra Civil
- Véxase tamén: Revolución Española de 1936.
En 1936 a CNT sería finalmente legalizada, tras períodos de clandestinidade seguidos doutros máis curtos de legalización, ata o seu aplastamento ó final da Guerra Civil.
Durante a Guerra Civil abandonou o seu antiestatismo e apoliticismo tradicionais e participou en varios gobernos da República e da Generalitat, se ben autonomamente continuou con iniciativas revolucionarias baseadas nas colectivizacións.
En Barcelona os anarquistas fixéronse co control, colectivizando gran parte das actividades, feito do que foi testemuña George Orwell:
En agosto de 1936, cando a fronte en Aragón comezou a estabilizarse, dous quintos da rexión estaban baixo control dos rebeldes, aínda que comprendendo á metade da poboación, xa que controlaban as tres capitais de provincia e Calatayud. Malia a importancia da CNT nesta rexión non foi capaz de responder e a represión axiña foi acabando coa organización nas zonas controladas polo bando nacional.
Na outra parte do Aragón dividido, o Estado republicano quedou igualmente anulado. As milicias da CNT que ocuparon o Baixo Teruel e Huesca, estableceron comités de defensa que substituían ós antigos Concellos. Nas zonas con maior presenza anarquista previa á guerra comezou con forza o proceso de colectivización da terra. Estas primeiras colectivizacións eran voluntarias e se establecían a partir das terras propiedade dos membros e as requisadas ós fuxidos ou desaparecidos. Aqueles que quixeran manter a propiedade da terra non podían contratar a terceiras personas que non foran da súa familia, e as terras non labradas pasaban a control da colectividade.
George Orwell comentou acerca das características da nova sociedade que se creou nas colectividades:
Algunhas das colectividades máis importantes foron as de Alcañiz, Calanda, Alcorisa, Valderrobres, Fraga ou Alcampel. Non só se colectivizaron as terras, senón que se emprederon labores colectivas como a residencia de anciáns de Fraga ou a recuperación de hospitais (como en Barbastro ou Binéfar, A Casa de Saúde Durruti); así como a fundación de escolas, entre elas a Escola de Militantes Libertarios. Estas obras serían destruidas durante a guerra polas tropas nacionais.
Para protexer as novas organizacións rurais o comité organiza un pleno rexional extraordinario de representantes sindicais das vilas e aldeas, respaldado por Buenaventura Durruti. En contra da opinión do comité nacional da CNT, fundamentalmente catalán, créase o Consello Rexional de Defensa de Aragón.
O 23 de decembro de 1936, tras recibir en Madrid unha comitiva formada por Joaquín Ascaso, Miguel Chueca e tres líderes republicanos e independentes, o goberno de Largo Caballero no que se integraran como ministros catro anarquistas (Joan García Oliver, Juan López, Federica Montseny e Joan Peiró), recoñece a formación do Comité de Defensa Nacional, órgano revolucionario no que estaban representados tanto anarquistas como socialistas e republicanos.
A mediados de febreiro de 1937 celébrase un congreso en Caspe co propósito de crear unha federación de colectividades rexional, ó que asisten 500 delegados que representan a 80.000 colectivistas do Aragón libertario.
Nun pleno da CNT de marzo de 1937 o comité nacional pedía un voto de censura para a supresión do Consello Rexional. A ameaza de dimisión de todo o comité rexional aragonés impediuno. As Xornadas de Maio en Barcelona e a caída do goberno de Largo Caballero seguida do goberno de Juan Negrín precipitaron o derrumbe da experiencia libertaria.
A principios de xullo as organizacións aragonesas da Fronte Popular apoiaron publicamente ó Consello ó seu presidente, Francisco Ascaso. Catro semanas despois a 11ª División de Enrique Líster entrou na rexión. O 10 de agosto de 1937 o goberno repubicano establecido en Valencia disolvía o Consello Rexional de Defensa de Aragón. A división de Líster dispúñase a unha ofensiva na fronte de Aragón, pero tamén foron utilizadas para someter á organización anarquista e desmontar as estruturas colectivas creadas nos doce meses anteriores.
Outras figuras clave da época son Fernando Ascaso e Miguel García Vivancos.
Existiu tamén un espíritu de revolución sexual. A organización Mulleres Libres estableceu liberatorios para a prostitución onde se daba unha alternativa ás mulleres que querían deixar esa actividade. A muller adquiriu un papel que nunca tivera na sociedade española ata entón, combatindo na fronte e traballando nos tallos, lugares que ata entón lles foran vedados. O amor libre popularizouse, aínda que as suspicacias dalgúns pais fixeron que se creasen os casamentos revolucionarios, ceremonias informais nas que se facía constar os emparellamentos, e que podían ser anulados se as partes afectadas non querían continuar a relación.
[editar] A CNT baixo a ditadura franquista
Na posguerra participou moi activamente na loita de guerrilla contra o franquismo e sofriu perdas moi importantes. No exilio enfrentáronse os moderados e os radicais, o que provocou a escisión.
En 1939 a Lei de responsabilidades políticas ilegalizaba a organización, expropiándose os seus bens: inmobles, material, vehículos, contas bancarias, empresas colectivizadas e documentación. Por aquel entón a CNT contaba cun millón de afiliados e a infraestrutura que a soportaba era moi ampla.
A CNT funcionou de forma clandestina dentro de España durante o franquismo, dándose tamén actividades de cenetistas no exilio, e seguiu a loita contra o réxime de Francisco Franco ata 1948 a través dalgúns maquis. A partir de entón, posturas diverxentes propiciaron un debilitamento da organización que fixo que esta perdera influencia entre a población. En 1961 revitalizouse consolidándose ó longo das décadas de 1960 e 1970 mercede á penetración do ideario anarcosindicalista en organizacións obreiras católicas antifranquistas como Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC) ou Xuventude Obreira Católica (JOC).
[editar] Durante a Transición
Legalizada trala morte de Francisco Franco, en novembro de 1975 e o comezo da transición, a CNT celebra o seu primeiro congreso desde 1936, así como diversos mítines multitudinarios, o máis destacado en Montjuic. Das súas conclusións xordirán algunhas das liñas de actuación que marcan a súa actividade nos centros de traballo. Non participación nas eleccións sindicais, non recoñeceron os comités de empresa, non aceptaron subvencións estatais ou empresariais, e apoiaron a formación de seccións sindicais.
Neste primeiro congreso, celebrado en 1979 en Madrid, un sector minoritario, partidario das eleccións sindicais, escíndese e pasa a chamarse CNT Congreso de Valencia (en referencia ó Congreso alternativo realizado nesa cidade) e posteriormente, perdidas xudicialmente as siglas en abril de 1989, Confederación Xeral do Traballo (CXT). Un ano despois un grupo de afiliados da CXT marcha deste sindicato por recibir subvencións, e funda Solidaridad Obrera (SO).
A CNT viuse afectada un ano antes, en 1978, polo Caso Scala, un incendio provocado nunha sala de festas barcelonesa. Os cenetistas mantiveron que se buscou criminalizar á organización:[5]
A partir da súa legalización, iníciase un movemento para a reparación das expropiacións de 1939, que se concretará na lei 4/1986 que obrigaba á devolución dos bens incautados e o dereito á cesión e uso de inmobles por parte dos sindicatos. Desde entón, a CNT vén reclamando a devolución de bens por parte do Estado.
Na década de 1990 procedeuse á ocupación das instalacións do Consello Económico e Social, con sede en Madrid, organismo encargado da repartición do Patrimonio Sindical Acumulado. En 2004 chegouse a un acordo entre a fiscalía e a CNT, polo que o centenar de procesados por dita ocupación quedaban libres con cargos.
[editar] Na actualidade
A CNT oponse ó modelo das eleccións sindicais e comités de empresa,[6] e é crítica cos sindicatos maioritarios UXT e CC.OO. e as reformas laborais,[7] á vez que mantén unha plataforma reivindicativa.[8]
En 2005 o goberno de España continuou a devolución do patrimonio sindical incautado durante e trala Guerra Civil ós sindicatos UXT e CNT. Desde algúns colectivos sociais e medios de comunicación, calificouse esta devolución como unha mostra de favoritismo cara a UXT, pois en 1936 a afiliación na central anarcosindicalista era superior á do outro sindicato e o goberno devolveu ese ano á CNT catro millóns de euros mentras que á UXT devolvíalle unha cantidade moito maior. A CNT segue reclamando a día de hoxe a devolución do seu patrimonio histórico incautado.[9]
En xullo de 2006 celebrouse o 70 aniversario da Revolución Española de 1936, motivo polo que a CNT e a FAI organizaron unhas xornadas conmemorativas con distintos eventos como ponencias, debates, proxeccións, exposicións e actuacións musicais.[10]
En 2010 celebrouse o X Congreso Confederal, data que se fixo coincidir co Centenario da Organización.
[editar] Símbolos e cultura
A CNT, como parte do seu interese por unha transformación radical da sociedade, pretende que a cultura e o libre coñecemento sexan accesibles á clase obreira, labor que levou a cabo a través do apoio ós ateneos libertarios. A Escola de Militantes Libertarios foi unha institución que mediante a pedagoxía libertaria pretendía que os "grupos de adolescentes puideran adquirir os coñecementos e a responsabilidade personal imprescindible para servilas ás colectividades como animadores e contables". A través da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo a CNT xestiona o seu patrimono cultural, edita libros e organiza charlas e coloquios. Tamén desde algunhas seccións da CNT se apoiou e promoveu o esperanto.
A bandeira da CNT é a tradicional do anarcosindicalismo que une en diagonal, como negación do nacionalismo e reafirmación do internacionalismo, a cor vermella do movemento obreiro e a negra do anarquismo.
O himno da CNT é a célebre canción coñecida como A las barricadas, composta polo poeta polaco Wacław Święcicki en 1883 co nome de Warschawjanka, coa letra adaptada ó idioma castelán por Valeriano Orobón Fernández, publicándose xunto a uns arreglos musicais para coro mixto de Ángel Miret en 1933.
Os afeccionados á filatelia e numismática poden disfrutar de selos e moedas[11] con motivos da CNT que se emitiron durante a Guerra Civil Española. Tamén existe unha ampla variedade de carteis[12] deste período, entradas de cine e outros obxectos de coleccionista relacionados coas empresas que foron colectivizadas durante a Revolución Española de 1936.
George Orwell, que loitou na Guerra Civil Española nas milicias do POUM —un partido marxista revolucionario, sendo os seus militantes aliados da CNT durante a revolución, e ó que pertencía o que fora antigo secretario xeral do sindicato Andreu Nin— describiu no seu libro Homenaxe a Cataluña os días da Barcelona volcada coa CNT e o anarquismo. No capítulo noveno de mencionado libro comenta que "Dacordo coas miñas preferencias puramente personais, gustaríame unirme ós anarquistas".
Robert Capa retratou a morte do miliciano Federico Borrell García durante a Guerra Civil Española na instantánea titulada Morte dun miliciano,[13] fotografía que deu a volta ó mundo e se converteu nunha imaxe mítica que amosa a fatalidade da guerra.
En 1936 colectivizouse a industria cinematográfica[14], producíndose curtometraxes como En la brecha[15] (1937). A CNT viuse reflexada no cine español recente a través da película Libertarias[16] (1996) de Vicente Aranda, onde se amosa nun grupo de milicianas na fronte de Aragón durante a Guerra Civil Española.
[editar] Militantes destacados
Estes son algúns dos máis destacados militantes da CNT na súa historia.
[editar] Sucesos históricos
Estes son algúns dos sucesos históricos máis destacados nos que tomou parte ou se viu involucrada a CNT.
- Folga xeral de 1917
- Folga de La Canadiense de 1919
- Revolución de Xaneiro de 1933
- Sucesos de Casas Viejas de 1933
- Revolución de 1934
- Revolución Española
- Xornadas de Maio de 1937
- Caso Scala de 1978
- Folga de Mercadona en 2006-2007
[editar] Filmografía
[editar] Notas
- Anarcosindicalismo básico (VV.AA., 2001); Sevilla: Federación Local de Sindicatos de Sevilla da CNT-AIT
- La revuelta permanente (Baltasar Porcel, 1978); Barcelona: Editorial Planeta
- El anarquismo en la insurrección de Asturias: la CNT y la FAI en octubre de 1934 (Manuel Villar, 1994); Madrid: Fundación Anselmo Lorenzo
- Homage to Catalonia, (George Orwell, 1938)
[editar] Bibliografía
- El movimiento libertario español (VV.AA., 1974); París: El Ruedo Ibérico
- La CNT en la revolución española (José Peirats, 1971) París: El Ruedo Ibérico
[editar] Notas
- ↑ Para coñecer as direccións das distintas sedes locais véxase http://www.cnt.es/Director/
- ↑ Para consultar a edición en liña deste periódico véxase [http://www.periodicocnt.org/ www.periodicocnt.org/].
- ↑ Para coñecer os métodos sindicais da CNT véxase http://www.cnt.es/Documentos/DocOtra.htm.
- ↑ Para saber sobre conflitos sindicais da CNT e as apelacións á solidariedade cos traballadores véxase http://www.cnt.es/Solidaridad/
- ↑ Poden verse uns artigos sobre o Caso Scala desde un punto de vista cenetista en http://www.polemica.org/modules/news/article.php?storyid=95, http://www.polemica.org/modules/news/article.php?storyid=94 e http://www.polemica.org/modules/news/article.php?storyid=93
- ↑ As razóns desta oposición por parte da CNT coméntanse en http://www.cnt.es/Documentos/panf_elecc_sind.htm
- ↑ O que di a CNT respecto das reformas laborais: http://www.cnt.es/Documentos/Reforma/reforma.htm
- ↑ Pode consultarse a plataforma reivindicativa da CNT en http://www.cnt.es/Documentos/plataforma/plataforma.htm
- ↑ Para coñecer as últimas declaraciones da CNT véxase http://www.cnt.es/patrimonio/
- ↑ Pode consultarse o programa das xornadas conmemorativas en http://www.cnt.es/sovmadrid/1936.htm
- ↑ Poden verse imaxes de distintos selos emitidos pola CNT en http://www.increvablesanarchistes.org/album_photo/timbres/3639_timbrcntfai.htm
- ↑ Poden verse imaxes de distintos carteis relacionados coa CNT en http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/19juillet_1936.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/affespagn_combat.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/affespagn_collecti.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/36colect_paysan.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/36affi_educacultur.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/36aff_cntfai.htm, http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/36mujeres_libres.htm y http://www.increvablesanarchistes.org/affiches/aff1936_45/36colec_indus.htm.
- ↑ Véxase Morte dun miliciano, a famosa fotografía na que Robert Capa retratou a caída en combate de Federico Borrell García o 5 de setembro de 1936 en Cerro Muriano (Córdoba) en http://upload.wikimedia.org/wikipedia/en/7/7b/Capa%2C_Death_of_a_Loyalist_Soldier.jpg.
- ↑ Pode consultarse información sobre a colectivización da industria cinematográfica en http://www.cnt.es/Documentos/cineyanarquismo/.
- ↑ Véxase a ficha da base de datos de películas en Internet en http://spanish.imdb.com/title/tt0028832/.
- ↑ Véxase a ficha da base de datos de películas en Internet en http://spanish.imdb.com/title/tt0113649/.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Asociación Internacional dos Traballadores
- Federación Anarquista Ibérica
- Anarcosindicalismo
- Anarquismo en España
- Secretario Xeral da CNT
- Movemento obreiro español
- Sindicalismo revolucionario
- Comunismo libertario
[editar] Ligazóns externas
- Páxina da Confederación Rexional Galaica da CNT
- Confederación Nacional do Traballo, páxina web oficial do sindicato (en castelán)
- Todo sobre a CNT-AIT Diversas movilizacións anarcosindicalistas nos últimos anos en arquivos audiovisuais. (en castelán)