Alcañiz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcañiz (Alcanyís en catalán, aínda que non pertence á súa zona de fala) é unha cidade e municipio español da comarca do Baixo Aragón, provincia de Teruel, en Aragón. Formado polo núcleo urbano de Alcañiz e as pedanías de Valmuel e Puigmoreno. Como dato demográfico, no ano 2008 posuía máis de 16.000 habitantes e é, xunto con Andorra e a capital da provincia, un dos poucos municipios que conta cun incremento de poboación notable, en contraposición ao despoboamento que sofre a provincia. É así mesmo a capital e sede da actual comarca oficial do Baixo Aragón, así como capital tradicional do territorio, máis amplo, que forma o Baixo Aragón Histórico.
[editar] Demografía
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7.699 | 8.397 | 8.596 | 8.961 | 8.691 | 9.812 | 10.166 | 10.851 | 11.651 | 12.642 | 13.431 | 15.447 | 15.729 |