Carreño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto de Candás
Carreño é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias (España). Limita ao oeste con Corvera, con Gozón e o Mar Cantábrico ao norte, co Mar Cantábrico e Xixón ao leste, e con Xixón de novo ao sur. Forma xunto ao veciño concello de Gozón a Mancomunidade do Cabo de Peñas. Non é un concello montañoso, pero se conta cunha serie de lomas que atravesan o concello de oeste a leste e que forman á súa vez cinco vales.