Carles Fontserè

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carles Fontserè
Nacemento9 de marzo de 1916
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento4 de xaneiro de 2007
Lugar de falecementoXirona
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Llotja
Ocupacióndeseñador, escenógrafo, debuxante, cartelista e fotógrafo
PremiosCreu de Sant Jordi e Canigó Award
Na rede
http://www.carlesfontsere.cat/
Find a Grave: 17293601 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carles Fonstserè i Carrió, nado en Barcelona o 9 de marzo de 1916 e finado en Xirona o 4 de xaneiro de 2007, foi un debuxante e cartelista catalán, que destacou polos seus traballos para a CNT, a FAI e o POUM durante a Segunda República e a guerra civil. Tamén traballou como fotógrafo e escenógrafo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de carlista militante e de familia burguesa. Tras recibir unha educación relixiosa e conservadora, axiña se sente atraído polo anarquismo. De formación autodidacta, ingresa na escola Llotja de Barcelona, onde estuda pouco tempo. As súas primeiras ilustracións as publica en revistas como Reacció, de carácter conservador. Con todo, graficamente recibira unha forte influencia de artistas de esquerdas como Helios Gómez. Traballou tamén no campo da publicidade (Magatzems Bowmer & Bo) e o cinema (carteis para a United Artists e Universal Films). Foi impulsor do Sindicato de Estudantes Profesionais de Barcelona.

En 1932 colabora na campaña electoral da dereita catalanista, se ben a súa tarefa máis activa ten lugar na guerra civil. Alístase nas Brigadas Internacionais, combatendo na campaña do Ebro. En 1939 exiliouse en Francia e posteriormente en México e Nova York. Traballou xunto a Salvador Dalí e Cantinflas e en Hollywood, como outro dos grandes cartelistas libertarios, Alfonso Vila "Shum". En Nova York coñece á súa compañeira sentimental, Terry Broch.

Regresou a España en 1973, instalándose en Porqueres (Xirona). Foi galardoado coa Creu de Sant Jordi pola Generalitat de Cataluña en 1989. En 1995 publica as súas memorias (Memòries d’un cartellista català). O libro do historiador Paul Preston Botxins i repressors (2006) está dedicado "Al meu amic Carles Fontserè" (ó meu amigo Carles Fontserè).

Nos últimos anos da súa vida implicouse activamente na loita pola devolución ós seus antigos propietarios dos Papeis de Salamanca, os documentos incautados na guerra civil a diversas institucións e particulares polo goberno franquista e que se gardaban no Arquivo Xeral da Guerra Civil de Salamanca. O propio Fontserè sufrira ó final da Guerra o espolio de tódolos carteis orixinais que gardaba na súa casa de Barcelona, conservando tan só 4 orixinais que recibira de doazóns doutras coleccións. Tamén foi o autor do cartel conmemorativo da Comissió de la Dignitat, a organización creada para obter a devolución dos Papeis de Salamanca. Finalmente morrería sen ver os seus carteis devoltos.

O 2 de xaneiro de 2007 foi ingresado no Hospital Josep Trueta de Xirona. A súa muller, Terry, explicou que desde había un mes estaba convalecente dun accidente doméstico na súa casa de Porqueres, Xirona. Finalmente, o 4 de xaneiro de 2007, faleceu con 90 anos.

O 6 de marzo de 2007, a Generalitat de Cataluña fíxolle unha homenaxe no Palau da Generalitat co título de "Visca la llibertat!"

Tres volumes autobiográficos:

  • Carles Fontserè, Memòries d´un cartellista catalá, Portic,1995.
  • Carles Fontserè, Un exiliado de tercera en París durante la segunda guerra mundial, Acantilado, 2004.
  • Carles Fontserè, París, Méxic, Nova York memóries, Proa, 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miguel Sarró "Mutis", Pinturas de Guerra dibujantes antifascistas en la guerra civil española, 2005.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]