Homage to Catalonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homage to Catalonia


Título orixinal Homage to Catalonia
Autor George Orwell
País España
Lingua inglés
Tema(s) bélica, política, histórica
Xénero(s) Novela
Data de publicación 25 de abril de 1938

Homage to Catalonia é o relato persoal de George Orwell sobre a súa experiencia durante a guerra civil española, escrito en primeira persoa. Editouse o 25 de abril de 1938.

Índice

Trama [editar]

Orwell chegou a Barcelona en decembro de 1936 como membro do Independent Labour Party, e se alistou como miliciano do POUM, de tendencia trotskista. Foi enviado como soldado raso á fronte de Aragón. Nun permiso volveu a Barcelona, onde tomou partido nos sucesos de maio. Regresou á fronte e foi ascendido a oficial, pero un balazo na gorxa en Huesca o 20 de maio fixo que regresase a Barcelona. En xuño de 1937 ilegalizouse o POUM e comezou unha purga por parte de axentes do PCE (pro-stalinista), e Orwell viuse obrigado a fuxir de España, ó ver que moitos compañeiros de partido, mesmo estranxeiros coma el, foran apresados e fusilados.

No libro describe a súa admiración pola ausencia de estruturas de clase nalgunhas áreas dominadas por revolucionarios de orientación anarquista, que socializaran a industria, o comercio e o transporte en Barcelona, e as terras de labranza en zonas de Cataluña, Aragón e Andalucía. Orwell narra a súa chegada á Barcelona que bule a finais de 1936 na revolución libertaria, expresando a súa admiración pola mesma, e como a situación se foi degradando progresivamente, ata regresar a unha Barcelona onde mandaba a burguesía e non o proletariado, e onde a censura na prensa e as persecucións policiais estaban á orde do día.

Camareros y dependientes miraban al cliente cara a cara y lo trataban como a un igual. Las formas serviles e incluso ceremoniosas del lenguaje había desparecido. Nadie decía "señor", o "don" y tampoco "usted"; todos se trataban de "camarada" y "tú", y decían ¡salud! en lugar de buenos días.

Así mesmo, critica o control soviético do Partido Comunista de España, e as mentiras que se usaban como propaganda para a manipulación informativa. Orwell era consciente de que, se ben se necesitaba unha mudanza radical nas sociedades occidentais, e por tanto nos países capitalistas, o socialismo soviético representaba unha amenaza ós principios que o sustentaban.

Di que España é pola súa particular idiosincracia, un bo lugar para que se dese a Revolución popular. Tamén fala moito do paisanaxe español: da nobreza da súa poboación, e da pouca seriedade á hora da puntualidade e a burocracia.

Yo estaba integrando, más o menos por azar, la única comunidad de Europa occidental donde la conciencia revolucionaria y el rechazo del capitalismo eran más normales que su contrario. En Aragón se estaba entre decenas de miles de personas de origen proletario en su mayoría, todas ellas vivían y se trataban en términos de igualdad. En teoría, era una igualdad perfecta, y en la práctica no estaba muy lejos de serlo. En algunos aspectos, se experimentaba un pregusto de socialismo, por lo cual entiendo que la actitud mental prevaleciente fuera de índole socialista. Muchas de las motivaciones corrientes en la vida civilizada —ostentación, afán de lucro, temor a los patrones, etcétera— simplemente habían dejado de existir. La división de clases desapareció hasta un punto que resulta casi inconcebible en la atmósfera mercantil de Inglaterra; allí sólo estábamos los campesinos y nosotros, y nadie era amo de nadie.

Tamén fala do movemento fascista. A intención de Franco non era instaurar un réxime dos estilos de Hitler ou Mussolini, senón máis ben volver ó feudalismo co apoio da igrexa católica e a aristocracia.

Influencia posterior [editar]

O libro de Orwell influíu decididamente nalgúns intelectuais destacados como Noam Chomsky, que declarou que é un dos seus libros favoritos:[1]

which struck me as amusing but pretty obvious ... and thought it outstanding (though he overdid the POUM role I felt, not surprisingly given where he was); it confirmed beliefs I already had about the Spanish Civil War
Chomsky, 31 Marzo 1995

véxase tamén [editar]

bibliografía [editar]

  • Orwell, George: Homenaje a Cataluña; Virus Editorial (Barcelona, 2000)

notas [editar]

ligazóns externas [editar]