Traballador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sete traballadores arreglando un escape de gas.

Un traballador é unha persoa que coa idade legal suficiente, e de forma voluntaria presta os seus servizos retribuídos. Cando non ten a idade suficiente, considérase traballo infantil. Se non presta os servizos de forma voluntaria, considérase escravitude.

Estes servizos poden ser prestados dentro do ámbito dunha organización e baixo a dirección doutra persoa física ou persoa moral, denominada empregador ou empresario; ou ben como traballador independente ou autónomo, sendo o seu propio dono.

En España a regulación principal do traballador está contida no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo (B.O.E. 29-03-1995), polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Ademais, o propio traballador, en función do emprego ou sector laboral ó que pertenza, ten o seu propio marco regulatorio, denominado Convenio colectivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]