Violencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

A violencia (do Lat. violentia) é un comportamento deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas (vandalismo) e adoita a asociarse, aínda que non necesariamente, coa agresión, xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei ou a sociedade, outras son crimes. Distintas sociedades aplican diversos estándares en canto ás formas de violencia que son ou non aceptadas.

Características[editar | editar a fonte]

Por norma xeral, considérase violenta á persoa irrazonable, que se nega a dialogar e se obstina en actuar a pesar de a quen pese, e caia quen caia. Adoita ser de carácter dominantemente egoísta, sen ningún exercicio da empatía. Todo o que viola o razoable é susceptible de ser catalogado como violento se se impón pola forza.

Existen varios tipos de violencia, incluíndo o abuso físico, abuso psicolóxico e abuso sexual. As súas causas poden variar e dependen de diferentes condicións, como situacións graves e insoportables na vida do individuo, falta de responsabilidade por parte dos seus pais, presión de grupo (que é común nas escolas), o resultado de non poder distinguir entre a realidade e a fantasía, entre outras causas.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Violencia directa: chamamos violencia directa á violencia física, aquela que ten por obxectivo ferir ou matar. Neste tipo de violencia incluímos as agresións físicas e outras formas.
  • Violencia natural levada a cabo pola natureza, sería o único tipo de violencia xerada de forma allea ó home, á súa vontade,
  • Violencia estrutural: consiste en agredir a unha agrupacion colectiva desde a mesma estrutura política ou económica. Así, considéranse casos de violencia estrutural aqueles nos que o sistema causa fame, miseria, enfermidade ou ata morte á poboación. Serían, en definitiva, aqueles sistemas que non achegan as necesidades básicas á súa poboación pola mesma formación. Se nos remitimos á definición de violencia como a aplicación de métodos fóra do natural a persoas ou cousas para vencer a súa resistencia, levaría a falar de abuso de autoridade no que alguén cre ter poder por sobre outro. Xeralmente dáse nas relacións asimétricas, o home por sobre a muller ou o pai por sobre o fillo, para exercer o control. Aínda que, a máis común é a violencia física, manifestada a través de golpes, que deixan marcas no corpo, hai outro tipo de violencia que moitas veces é máis hostil que a primeira, é a violencia emocional plasmada a través de desvalorizacións, ameazas, críticas que funcionan como mandato cultural nalgunhas familias ou grupos sociais.
  • Violencia cultural: refírese ós aspectos da cultura que achegan unha lexitimidade á utilización dos instrumentos da violencia que nomeamos anteriormente. Así, por exemplo, pódese aceptar a violencia en defensa da fe ou a relixión. Un caso de violencia cultural pode ser o dunha relixión que xustifique guerras santas ou atentados terroristas, por exemplo.
  • Violencia xuvenil: refírese ós actos fisicamente destrutivos (vandalismo) que realizan os mozos entre os 10 e os 29 anos de idade e que afectan a outros mozos dentro do mesmo rango de idade. En todos os países, os principais actores deste tipo de violencia son os homes e algunhas veces o comportamento violento preséntase desde a infancia ou a temperá adolescencia. Con todo, a interacción cos pais e a formación de grupos, parches, galladas ou cuadrillas aumenta o risco de que os adolescentes se involucren en actividades delituosas, violentas e non violentas.

A violencia directa é clara e visible, polo que resulta relativamente sinxelo detectala e combatela. As violencias cultural e a estrutural, en cambio, son menos visibles, polo que supón máis problemas á hora de combatelas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Violencia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]