Vivir la utopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vivir la utopía
Título orixinal Vivir la utopía
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Juan Gamero
Produtor
Guión
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes
Música El Cabrero e Paco del Gastor
Fotografía Maribel Sánchez-Maroto e Manuel Carvajal
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor TVE 2
Ano 1997
Duración 95 minutos
País España España
Xénero Documental
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Vivir la utopía é un documental de 1997, producido por TVE e dirixido por Juan Gamero. Nel descríbese a experiencia anarcosindicalista e anarcocomunista vivida en España que transformou as estruturas sociais en amplas zonas do bando republicano durante a guerra civil de 1936-39, evento denominado revolución española.

Consta de 30 entrevistas con supervivintes anarquistas da revolución española, testemuñando a labor construtiva da revolución social e os antecedentes históricos do movemento libertario español. Este labor construtivo significou a organización de colectividades agrícolas de arredor de 7 millóns de campesiños, 3.000 fábricas e empresas colectivamente autoxestionadas nas cidades, a unión de 150.000 milicianos anarquistas contra o fascismo, así como as actividades culturais e o movemento Mujeres Libres de mulleres contra o patriarcado.

Os entrevistados son Miguel Alba, Ramon Álvarez, Frederico Arcos, Marcelino Bailo, Maria Batet, Severio Campos, Francisco Carrasquer, Miguel Celma, Valerio Chiné; José Espana, Jose Fortea, Juan Giménez, Antonio Lahuerta, Concha Liano, Fidel Miró, Aurora Molina, Heleno Molina, Conxa Pérez, Suceso Portales, Dolores Prat, Ximo Queirol, Maravilla Rodríguez, Juan Romero, Manuel Sanz, Liberto Sarrau, José Sauces, José Serra Estruch, Antonio Turón, José Urzáiz e Antonio Zapata.

Produción[editar | editar a fonte]

O documental foi rodado na sede da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (FAL), e en diferentes lugares da Península Ibérica e parte de Francia, facendo entrevistas e tomando imaxes de libros, carteis, folletos e fotografías. A voz en off é de Maribel Sanchez-Maroto e Manuel Carvajal. Inclúe moitas imaxes de época, e ademais de gravacións fabriles, agrícolas e de actividades cotiás e mesmo bélicas, aparecen imaxes do ditador Miguel Primo de Rivera, do seu fillo Jose Antonio, do xeneral Francisco Franco, e de anarquistas coma Joan García Oliver, Federica Montseny ou Buenaventura Durruti.

A música é do cantaor flamenco El Cabrero e do guitarrista Paco del Gastor.

Transmisión[editar | editar a fonte]

O documental transmitiuse en 1997 en TVE 2, dentro do espazo La noche temática, dedicado ese día ao movemento anarquista en España, xunto co filme de Ken Loach Land and Freedom e un documental da cadea Arte francesa sobre o asasinato cometido polo réxime franquista en 1963 contra os anarquistas Joaquín Delgado e Francisco Granado.

Tivo boa acollida en ambientes libertarios.

Non é fácil que medios alleos ao movemento libertario traten tan ben a filosofía e prácticas libertarias. Felicitamos a todos os compañeiros que durante horas estiveron expoñendo as súas impresións e experiencias aos técnicos de TVE que tan acertadamente realizaron este traballo.
Fundación Anselmo Lorenzo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]