Calanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calanda
bandeira =

situación = país = España

Situación xeográfica
{{{situación}}}
Estado: {{{país}}}
{{{división 1}}}: {{{nome división 1}}}
Xeografía
Altitude: 450 msnm
Superficie: 112,26 km² km²
Poboación
Poboación total: 3.644 hab. (INE 2006)
Densidade de poboación: 32.05 hab./km²
Xentilicio: calandino
Información
Código postal: 44570
Alcalde: Manuel Adrián Royo Ramos (PSOE)
Sitio na web: www.calanda.es semana santa en Calanda

Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Bajo Aragón.

Índice

Historia e características [editar]

A súa Semana Santa é de interese turístico por pertencer á Ruta del tambor y el bombo. É coñecida internacionalmente pola "Rompida da hora" ás 12 da mañá do Venres Santo. Os "putuntunes" (soldados vestidos de romanos) permanecen ata as 2 da tarde do Sábado Santo tocando os seus tambores en sinal de dor.

Pola zona pasaron os romanos e os árabes. A orixe da afección a tocar tambores e bombos vén da época das loitas cos árabes (século XII), xa que serviron para avisar dos ataques destes. Posteriormente utilizouse como instrumento de celebracións.

Os edificios relixiosos existentes son a Igrexa Parroquial da Nosa Señora da Esperanza (século XVIII), de estilo barroco; a Igrexa Parroquial da Virxe do Pilar (século XVIII); a Ermida de Santa Bárbara (século XV) e a Ermida do Humilladeiro (século XVIII). No alto dun outeiro ás aforas da poboación pódese ver o Calvario.

A vila está regada polos ríos Guadalope e Guadalopillo.

Produción de pexego con denominación de orixe, aceite con denominación de orixe, améndoa e cereal, así como refractarios e outras industrias e servizos.

Calanda é mundialmente coñecida pola súa Semana Santa e polo seu máis ilustre veciño, Luis Buñuel (a quen no seu momento botaron da vila por roxo), director de cine español, considerado o pai do surrealismo. Outras personaxes menos coñecidas, pero con igual importancia son: Gaspar Sanz, compositor barroco de guitarra española, que traballou para a Corte, e é coñecido pola súa Instrucción de música sobre la guitarra española; Miguel Pellicer, calandino famoso polo seu milagre, xa que pola importancia deste foi coñecida mundialmente a Virxe do Pilar, patroa da Hispanidade; o Cardeal Cascajares, cardeal nomeado polo Papa e o bispo de Calahorra A Rioxa; mosén Vicente Allanegui, o impulsor da Semana Santa calandina; o pai Manuel Mindán, falecido recentemente, gran filósofo e catedrático; Miguel Sancho Izquierdo, catedrático de Dereito e ex-rector da Universidade de Zaragoza.

Poboación [editar]

Variación demográfica do Concello entre 1991 e 2004
2004 2001 1996 1991
3598 3474 3596 3552

Fillos ilustres [editar]

Calanda é o berce do guitarrista e compositor barroco Gaspar Sanz e do cineasta Luis Buñuel.

Cidades irmandadas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]