Copyleft
Copyleft é como se coñece ao conxunto de licenzas que establecen termos legais que se aplican ás obras derivadas da obra baixo a licenza copyleft.
O copyleft utiliza as leis de dereito de autor para asegurar que as obras derivadas dunha obra cumpran certas condicións legais establecidas polo autor da obra orixinal. O resultado é que, en lugar de prohibir a copia como fan en principio as leis de dereito de autor, o copyleft establece os termos para que as copias e modificacións das obras intelectuais teñan lugar.
Índice |
[editar] Etimoloxía
O termo copyleft provén do inglés copyright ("dereito de autor"). A tradución literal de copyright sería "dereito de copia". O termo copyleft altera a parte da palabra copyright que significa "dereito" (right, que ao igual que en galego tamén pode facer referencia ao lado dereito), e a transforma en left (que significa "esquerdo", aínda que pode significar tamén "deixar" ou "ceder" en participio). Así, etimoloxicamente copyleft podería significar "cesión de copia", en referencia a que posibilita a creación e distribución de copias modificadas. Por outra banda, Richard Stallman o traduciría coma "esquerdo de copia"[1], e na súa liña poderíamos traducilo como "esquerdos de autor".
[editar] Orixe
O concepto de copyleft ideouno Richard Stallman, quen quería desenvolver unha licenza de software que ademais de asegurar que se cumprían as catro liberdades do software libre no software baixo a licenza, quería asegurarse de que as modificacións e melloras feitas a dito software por terceiros tamén cumprisen coas catro liberdades.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
Sitio web oficial (en inglés).