Confederación Xeral do Traballo
A Confederación Xeral do Traballo de España, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).
Índice |
[editar] Traxectoria
É a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira[Cómpre referencia]. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5.000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60.000 afiliados e máis de un millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.
A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas movilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Confederación Xeral do Traballo
- Confederación Xeral do Traballo da Galiza
- Estatutos da Confederación Xeral do Traballo
- Periódico Rojo y Negro, publicación dixital anarcosindicalista. Órgano de expresión da CXT.
- Confederación Xeral do Traballo da Cataluña (en catalán)
- Publicación anarcosindicalista da CXT da Cataluña (en catalán)
- Libro crítico ao sindicato titulado "CGT ¿anarcosindicalista?"
- Solidariedade Internacional Libertaria