Caspe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Colexiata de Santa María a Maior de Caspe

Caspe (Casp en catalán e aragonés) é unha cidade histórica de Aragón, situada na parte oriental da provincia de Zaragoza a 100 km de distancia da capital. É a cabeceira da comarca do Baixo Aragón-Caspe. Actualmente ten uns 8.500 habitantes, poboación case estábel ao longo do século XX.

Índice

[editar] Situación

Caspe sitúase na zona de transición entre Aragón e Cataluña, nas beiras do río Ebro o cal forma aquí o chamado Mar de Aragón.

[editar] Historia

O lugar consta que xa existía no período musulmán como Qsp, Qasp ou Qasb (en diversas transcrición do árabe . O escritor musulmán Yaqut dos séculos XII-XIII indica que Qasb er un castelo (hisn) de Zaragoza.

No século XV foi sede do famoso "Compromiso de Caspe" (1415) polo que se introducíu a dinastía de Trastámara no goberno do reino de Aragón.

Xa no século XX, durante a Guerra Civil Española foi residencia do "Consello de Aragón", o órgano de goberno do Aragón republicano. Redactouse aquí o Estatuto de Autonomía, que o desenrolo da guerra impedíu aprobar.

[editar] Demografía

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
7.808 8.893 9.259 9.992 9.844 10.128 9.603 9.162 8.339 8.029 7.896 8.848

[editar] Economía

Foi até hai unhas década un nó de comunicacións, tanto por estrada como por ferrocarril, pero vindo a menos. A súa economía baséase no sector servicios, na industria téxtil e nas grandes explotacións agrícolas de regadío cercanas (en boa medida sostidas pola man de obra inmigrada). En relación con estas últimas cómpre destacar os pexegos de Caspe, pero que se amparan na denominación de orixe melocotón de Calanda.

[editar] Monumentos

Conta cun importante patrimonio histórico-artistico, do que ha que salientar:

  • Castelo do Compromiso (en ruínas).
  • Colexiata de Santa María a Maior .
  • Mausoleo Román de Miralpeix, hoxe no casco urbano, pero traìdo desde Miralpeix.
  • Ermida da Malena ou Madanela.
  • Convento dos Orde de franciscanos.
  • Torre de Salamanca.

Por desgraza varias destas edificación atópanse en mal estado de conservación.

[editar] Irmandamentos

Caspe está irmandada con:

Ferramentas persoais