Bieito XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XIII ó século XIV
Papas do século XIV
Papa do século XIV ó século XV
Antipapa/s


C o a Benedetto XII.svg

Bieito XII (nad en Saverdun cara 1280 e falecido en Avignon o 25 de abril de 1342), foi o Papa nº 197 da Igrexa Católica.

De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.

Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.

Benedikt XII1.png

En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.

Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.

Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da península itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.

Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.

Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).