Malaquías O'Morgoir
| San Malaquías | |
|---|---|
| Arcebispo | |
| Nado | 1094 en Armagh |
| Finado | 2 de novembro de 1148 en Clairvaux |
| Venerado en | Igrexa Católica |
| Canonización | 6 de xullo de 1199 por Clemente III |
| Festividade | 3 de novembro |
| Patrón/a de | Arquidiócese de Armagh |
San Malaquías é o nome galego do irlandés Malachia O'Morgoir, nado posiblemente en Armagh (Irlanda do Norte), cara 1094, e falecido na Abadía de Claraval (Aube, Francia), o 2 de novembro de 1148.
Membro dunha familia nobre, foi bautizado como Maelmhaedhoc (máis tarde latinizado como a Malachia); foi abade do mosteiro de Bangor, bispo de Connor e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san Bernardo de Claraval, foi canonizado o 6 de xullo de 1199 polo papa Inocencio III. A súa festa conmemórase o 3 de novembro.
Atribúeselle a autoría da Profecía dos papas, manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde Celestino II, mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito apócrifo do século XVI.
Non debe ser confundido, por outra parte, co bíblico Malaquías.