Roberto Benigni
| Roberto Benigni | |
|---|---|
Roberto Benigni |
|
| Nacemento | 27 de outubro de 1952 |
| Profesión | Director de cine, actor |
Roberto Benigni, nado en Misericordia, na Toscana, o 27 de outubro de 1952, é un actor e director italiano de cinema e televisión.
Índice |
Traxectoria [editar]
Apareceu en varias producións italianas como Il monstro ou Johnny Stecchino, normalmente escritas, dirixidas e protagonizadas por el. A súa muller Nicoletta Brasci adoita acompañalo nas súas películas que lle deron unha enorme fama en Italia e é considerado como o mellor actor cómico italiano dos anos noventa. Tamén participou en producións francesas como Astérix, onde daba vida ó mezquino pero xenial Detritus.
Benigni é coñecido sobre todo pola súa traxicomedia La vita è bella , filmada en Cortona, que trata sobre un home que intenta protexer ó seu fillo durante o seu internamento nun campo de concentración nazi, contándolle que o Holocausto é un xogo e que deben ter moito coidado coas regras se queren gañalo. Na cerimonia dos Oscars a película obtivo tres galardóns: mellor actor, mellor película estranxeira e mellor banda sonora.
A súa peculiar versión de Pinocho foi un fracaso comercial en Italia e non chegou a estrearse en España, mentres que a súa última película, La Tigre e la neve, ambientada na Guerra de Iraq e que retoma o fío agridoce e romántico de La vita è bella tivo máis sorte. Nela forma parella protagonista coa súa esposa.
Benigni foi comparado cos mellores actores cómicos da historia. Ten un certo aire bufonesco que foi moitas veces comparado con Buster Keaton e ata con Chaplin.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | director | Función |
|---|---|---|---|
| 2005 | La Tigre e la neve | Roberto Benigni | Actor
Director Guionista |
| 2004 | Coffee and cigarettes | Jim Jarmusch | Actor |
| 1999 | Astérix et Obélix contre César | Claude Zidi | Actor |
| 1997 | La vita è bella | Roberto Benigni | Actor
Director |
| 1994 | Il monstro | Roberto Benigni | Actor
Director |
| 1993 | Son of the Pink Panther | Blake Edwards | Actor |
| 1991 | Johnny Stecchino | Roberto Benigni | Actor
Director |
| 1989 | La Voce della luna | Federico Fellini | Actor |
| 1988 | Il Piccolo diavolo | Roberto Benigni | Actor
Director Guionista |
| 1986 | Down by Law | Jim Jarmusch | Actor |
| 1979 | La Luna | Giuseppe Bertolucci | Actor |
| 1979 | Chiedo asilo | Marco Ferreri | Actor |
| 1977 | Berlinguer ti voglio bene | Giuseppe Bertolucci | Actor |
Premios [editar]
Oscars [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1998 | Oscar ao mellor director | A vida é bela | Candidato |
| 1998 | Oscar ó mellor actor | La vita è Bella | Gañador |
| 1998 | Oscar ó mellor guión orixinal | La vita è bella | Candidato |