Saltar ao contido

Xoán Rubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Rubia
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Twitter: xoanrubia BNE: XX846118 Discogs: 3787270 Editar o valor en Wikidata

Francisco Xosé Xoán Rubia Alejos, coñecido popular e artisticamente como Xoán Rubia, nado en Mugardos o 27 de outubro de 1947, é un músico galego vencellado á canción de corte social.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A comezo da súa carreira musical é temperán é coincide coa súa etapa de estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Nesa época coincidirá co xurdimento e primeiros anos do colectivo Voces Ceibes, do que está próximo en canto a estilo e intención política. É sometido por Benedicto a unha especie de proba de ingreso no grupo da que se conclúe que non cumpre con todos os requisitos para formar parte del.[1] O feito de non pertencer estritamente ao movemento non impedirá que comparta cos seus membros escenarios, discográfica, presenza en recompilatorios musicais e tamén parte da vixilancia e persecución policial.

Os seus primeiros traballos verán á luz da man da casa catalá Edigsa, que centra a súa aposta no músico en crear unha figura intermedia entre o pop comercial que representaba Andrés do Barro e a canción fortemente politizada de Voces Ceibes. Boa parte da súa carreira musical oscilará entre estes dous extremos, combinando cancións políticas (Neno progre, O señorito, Fala pobo ou poemas musicados de Federico García Lorca) con outros temas de inspiración sentimental ou adaptados do cancioneiro popular. Este feito tamén afectará aos seus ámbitos de actuación, xa que, se por unha banda ten compartido escenarios xunto a autores vencellados á canción de intervención social, tamén se lle abren outros que permanecen vetados para estes, como determinadas sociedades recreativas. Curiosamente chega a ter incidentes nalgunhas delas polo feito de cantar só en galego, como o acontecido a comezos dos setenta no Tenis Club de Ferrol, e que lle inspirará as cancións Neno progre e O señorito.

O seu último traballo musical data do ano 1996, porén segue facendo esporádicas actuacións públicas. No ano 2005 a súa canción Fala pobo, de 1978 sería empregada como parte da banda sonora do conxunto de curtametraxes Hai que botalos, feito como oposición aos gobernos de Manuel Fraga e incitando ao cambio político. Actualmente colabora tamén con artigos de opinión en distintos medios de prensa da zona de Ferrolterra.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Discos en solitario

[editar | editar a fonte]
  • Edigsa/Xistral XIS 7 (EP, Edigsa, 1968), inclúe os temas Cantiga de berce á morte de Federico García Lorca, Meu amor, A emigración e O can ten frío.
  • Edigsa-Xistral XIS 11 (EP, Edigsa,1969), inclúe os temas Cancioeiro, Noiturnio do adoescente morto, Berro e Cantiga do neno da tenda.
  • Cantares da miña terra (LP, Philips, 1973)
  • Lembranzas (LP, Novola-Abrente-Zafiro, 1977)
  • Nadal (LP, 1980)
  • Philips 60 29 119 (Single, Philips, 1972), inclúe os temas Catro vellos mariñeiros e Vexo Vigo.
  • Philips 6029 145 (Single, Philips, 1972), inclúe os temas Lémbraste e Madrigal á cibdá de Santiago.
  • Philips 60 29 176 (Single, Philips, 1973), inclúe os temas Mira Maruxa e Alborada.
  • Philips 6029 207 (Single, Philips, 1973), inclúe os temas Lévame, lévame, lévame e María Soliña.
  • Philips 6029 232 (Single, Philips, 1974), inclúe os temas Non lle temas, mariñeiro e Cando vexas que me vou.
  • Philips 60 29 337 (Single, Philips, 1975), inclúe os temas Neno progre e O señorito.
  • Philips 60 29 293 (Single, Philips, 1975), inclúe os temas O poder do diñeiro e Cousas e xentes.
  • Novola-Abrente-Zafiro NOX-301 (Single, Novola-Abrente-Zafiro, 1978), inclúe os temas Fala pobo e Cousas e xentes.

Colaboracións e traballos colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Panxoliñas nas voces Maria Manuela y Xoán Rubia (1977), xunto con María Manuela.
  • Galicia nai (1992), xunto con Xil Ríos.
  • Na percura da intimidade (1996), acompañado do grupo Sphaira.

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Galicia canta (LP colectivo, Pobovox, Caracas, Venezuela, 1970)
  • 7 anos de canción galega (LP colectivo, Ruada, A Coruña, 1979)
  • Benvido Noventa (LP colectivo, CRTVG, 1989), co tema Toca o pandeiro, Manoel.
  • A Gran Escolma da Música Galega (6 CD's colectivos, Fonomusic, Madrid, 1993).
  • Pasaba por alí. E quedei un intre, Galaxia, 2021.[2]
  1. Araguas, Vicente (1991). Voces Ceibes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-585-1. 
  2. Ficha do libro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]