Roy Lichtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obra característica de Lichtenstein na cidade de Barcelona

Roy Lichtenstein, nado en Nova York o 27 de outubro de 1923 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1997, foi un pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o doutorando en Belas Artes pola Universidade Estatal de Ohio no ano 1949. Os seus primeiros traballos eran de estilo expresionista abstracto, pero máis aló de 1957 comezou a experimentar con imaxes collidas dos cómics que atopaba nos papeis de envolve-los chicles, libremente interpretadas e mesturadas con imaxes sacadas dos cadros do Vello Oeste doutro artista estadounidense, Frederick Remington. A partir de 1961 dedicouse por completo a producir arte mediante imaxes comerciais de produción masiva.

As súas historietas de cómics, como Good Morning, Darling (1964, Galería Leo Castelli, Nova York), son ampliacións dos personaxes dos debuxos animados, reproducidas á man, coa mesma técnica de puntos e as mesmas cores primarias e rechamantes que se utilizaban para imprimirlos.

As súas últimas obras, entre as que se atopan as reproducións de personaxes moi populares da novela rosa, paisaxes estilizadas e copias de postais de templos clásicos, amosan a súa influencia de Henri Matisse e Pablo Picasso.

Tamén as súas esculturas recrean os efectos dos cómics. Realizou, tamén, obras en cerámica.

No ano 1993 o Museo Guggenheim de Nova York expuso unha retrospectiva da súa obra que viaxou por moitos outros países.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]