James M. Cain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward G. Robinson nun fotograma de Double indemnity de Billy Wilder baseada na novela homónima de James M. Cain

James Mallahan Cain, nado o 1 de xullo de 1892 e finado o 27 de outubro de 1977, foi un escritor, xornalista e novelista norteamericano. Foi especialmente coñecido polas súas novelas de ambiente sórdido, englobadas dentro da novela negra, do que é un dos seus máximos representantes xunto a Raymond Chandler e Dashiell Hammett.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cain naceu nunha familia católica de orixe irlandesa en Annapolis (Maryland). Fillo dun eminente profesor e unha cantante de ópera, herdou o amor pola música da súa nai, pero a esperanza de converterse nunha estrela decaeu cando a súa nai lle dixo que a súa voz non era o bastante boa. Despois de graduarse no Washington College, en 1917 alistouse no exército para combater en Francia no útlimo ano da Primeira guerra mundial, e comezou a escribir para a revista da armada. De volta a Estados Unidos continuou co seu traballo de xornalista ata que comezou con obras de ficción.

A crítica puntualizou que a fórmula básica da maioría das obras de Cain son case sempre un home que cae por culpa dunha muller, converténdose nun criminal e cómplice dela.

Cain casou en tres ocasións, sendo o seu matrimonio máis coñecido o segundo, ca actriz Aileen Pringle, que acabou cun divorcio dous anos despois tras unha relación tempestuosa.

Cain escribiu toda a súa vida, se ben a maioría das súas novelas foron publicadas a partir de 1940, pero nunca consiguiu repetir os éxitos da primeira etapa. Morreu alcohólico con 85 anos.

A súa obra máis coñecida, The Postman Always Rings Twice, foi levada ó cine catro veces:

Ademais, en 1982 fíxose unha ópera, cun libreto adaptado por Colin Graham e musicado por Stephen Paulus, estreada no Teatro da Ópera de San Luis en 1982.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Our Government (1930)
  • The Postman Always Rings Twice (1934) (a partir dela fixéronse catro películas e unha ópera)
  • Serenade (1937) (levada ó cine por Anthony Mann en 1956)
  • Mildred Pierce (1941) (levada ó cine por Michael Curtiz en 1945)
  • Love's Lovely Counterfeit (1942) (levada ó cine por Allan Dwan en 1956)
  • Career in C Major and Other Stories (1943)
  • Double Indemnity (1943) (levada ó cine por Billy Wilder en 1944 co título de Double Indemnity)
  • The Embezzler (1944) (publicada por primeira vez en 1938 co título de Money and the Woman)
  • Past All Dishonor (1946)
  • The Butterfly (1947) (levada ó cine por Matt Cimber en 1982)
  • The Moth (1948)
  • Sinful Woman (1948)
  • Jealous Woman (1950)
  • The Root of His Evil (1951) (tamén titulada Shameless)
  • Galatea (1953)
  • Mignon (1962)
  • The Magician's Wife (1965)
  • Rainbow's End (1975)
  • The Institute (1976)
  • The Baby in the Icebox (1981)
  • Cloud Nine (1983)
  • The Enchanted Isle (1985) (levada ó cine por Lucas Platt en 1995 como Girl in the Cadillac)