Cee
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Cee | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.660 (2023) (146,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 52,2 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Zaira Rodríguez Pérez | ||||
Eleccións municipais en Cee | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15270 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15023 | ||||
Sitio web | cee.gal |
Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2020 tiña 7.550 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2020 | 7550 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 984 (13.03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4624 (61.25 %) |
Maiores de 65 anos | 1942 (25.72 %) |
Evolución da poboación de Cee Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.060 | 5.151 | 5.945 | 7.531 | 7.344 | 7.818 | 7.898 | 7.855 | 7.808 | 7.760 | 7.723 | 7.631 | 7.539 | 7.576 | 7.546 | 7.550 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello esténdese entre a abrupta costa setentrional, onde se abre a ría de Lires e a regardada ría de Corcubión á que se asoma polas enseadas de Sardiñeiro e Cee.
As maiores altitudes localízanse no límite oriental con Dumbría (Alto de Montemaior 405 m, Monte de San Pedro 370 m) e no sector central, alto de Toba 305 m, desde onde o relevo descende bruscamente cara á plataforma litoral, estreita e sinuosa, onde se localiza a poboación.
A rede hidrográfica está organizada en dúas concas, a meridional fórmana os ríos Cee e Brens que desembocan na ría de Corcubión e a setentrional, os ríos Castro e Lires, que verten na ría de Lires.
O municipio ao asomarse ao mar por tres fragmentos de costa separados ofrece unha paisaxe variada: a ría de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrán e a beira oriental da ría de Corcubión, desde a vila de Cee ata a enseada de Ézaro. Pese a atoparse dentro da chamada Costa da Morte estes tres tramos ofrecen características diferenciadas, de acordo coa súa posición nunha zona de transición entre as Rías Altas e as Baixas, onde hai praias de augas tranquilas, moi frecuentadas no verán.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Cee viría dun hidrónomo prerromano céltico-galaico cunha raíz indoeuropea *kei‑ co significado de ‘augas en movemento’ segundo documenta Edelmiro Bascuas e viría dun medieval Cea ou Ceia como se atopa nun documento de 1178 como villas de Ceia in Nemancis. Outra hipótese menos probábel baséanse no seseo do topónimo, polo que See derivaría dunha forma latina sinus ‘seo’ (palabra que aínda se utiliza na actualidade polos mariñeiros para designar unha enseada)[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Hai abondosa documentación sobre Cee no século XVI, momento en que tiña moita importancia a pesca, especialmente a de cetáceos. Foi entón cando se construíu a igrexa parroquial, de estilo gótico tardío. O templo foi reconstruído logo da desfeita provocada polos franceses na Guerra da Independencia Española, conservando algunhas partes da edificación primitiva.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]- Museo Fernando Blanco
- castelo do Príncipe, en Castelo do Príncipe, A Ameixenda
- factoría baleeira de Caneliñas, en Caneliñas, A Ameixenda
Economía
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cee
-
Cee
-
Praia de Cee
-
Escola de Música de Cee
-
Placa altimétrica do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee | |
---|---|
A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán) |
Lugares de Cee
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cee vexa: Lugares de Cee.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cee |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |