Castelo do Príncipe, A Ameixenda, Cee
| Castelo do Príncipe | |
|---|---|
Castelo do Príncipe | |
| Parroquia | A Ameixenda |
| Concello | Cee |
| Coordenadas | 42°55′40″N 9°10′07″O / 42.9278712, -9.1686454 |
| Poboación | 0 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Castelo do Príncipe é un lugar da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña tres habitantes (un home e dúas mulleres). Non obstante, en 2024 xa estaba deshabitado[1].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Recibe o seu nome da fortaleza do castelo do Príncipe. Esta fortaleza foi construída en tempos de Carlos III no século XVIII nun pequeno saínte rochoso da costa fronte o castelo do Cardeal en Corcubión. Xuntos estaban destinados a defender a entrada da ría de ataques inimigos. Foi deseñado polo enxeñeiro Llovet e rematouno Carlos Lemuer. Ten un patio central e unha edificación de planta baixa en forma de U. A construción é de cantería de granito rodeada dunha muralla que chega ata o mar, dispoñía de doce canóns e podía acoller ata noventa homes. Nese lugar reuniuse a Xunta de defensa da zona contra os franceses en 1809. Actualmente o castelo está en mans privadas e non se pode visitar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-10-17.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Ameixenda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee | |
|---|---|
|
Caneliñas | Castelo do Príncipe | Gures | A Igrexa | As Lamas |
Parroquias de Cee
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee | |
|---|---|
|
A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María da Xunqueira) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán) |