Lires, Cee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°59′49″N 9°14′49″W / 42.99694°N 9.24694°W / 42.99694; -9.24694

Lires
Lires, Cee-2.jpg
Igrexa parroquial
Concello Cee
Poboación 450 hab. (2009)
Entidades de poboación 7

Santo Estevo de Lires é unha parroquia situada ao noroeste do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en xaneiro de 2009 tiña 450 habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 470 (244 mulleres e 226 homes). En 1999 tiña 506 habitantes.

É unha parroquia de carácter agrícola. A piscifactoría de troitas situada nela é das máis importantes do estado. Foi pioneira no turismo rural, contando na actualidade con varios establecementos deste tipo.

O río Castro desemboca nela, formando o límite de Cee con Muxía.

A súa igrexa parroquial data de comezos do século XVII. Anteriormente houbera unha ermida medieval máis pequena e máis preto da ría.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lires[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lires no concello coruñés de Cee

A Canosa | A Lagoa | Lires | A Ponte Nova | Porcar | Ruibó | Tedín

Parroquias de Cee[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee

A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]