Sardiñeiro, Fisterra
| Sardiñeiro | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Fisterra[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°56′33″N 9°14′01″O / 42.94236558, -9.23362255 |
| Poboación | 742 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Sardiñeiro é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Fisterra. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 742 habitantes (359 mulleres e 383 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 897 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é de estilo barroco-neoclásico. A súa construción iniciouse en 1774, sufrindo reformas e ampliacións no século XIX.
A súa planta é de salón, con muros grosos e unha soa nave. Ten tres portas de acceso á nave. A fachada actual é neoclásica, conservando do estilo barroco a moldura das ventás. A espadana foi engadida en 1900.
Carece de retablos, xa que foron destruídos nas sucesivas reformas debido ao mal estado. A ornamentación interior é escasa, destacando un crucifixo de grandes dimensións na capela maior, da escola compostelá do século XX e con claras influencias de Francisco Asorey e outros escultores galegos de principios de século.
Sobre unha ménsula está a figura de San Xoán Bautista.
Por esta parroquia pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa reitoral.
-
Inscrición na casa reitoral.
-
Acceso á praia do Rostro, ao norte da parroquia de Sardiñeiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sardiñeiro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Sardiñeiro no concello de Fisterra (A Coruña) | |
|---|---|
|
Buxán | Castrexe | Castromiñán | Padrís | Rial | Sardiñeiro de Abaixo | Sardiñeiro de Arriba | O Sisto | Suarriba |
Parroquias de Fisterra
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
|---|---|
|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |