A Ameixenda, Cee
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Ameixenda.
| A Ameixenda | |
|---|---|
Antiga factoría baleeira de Caneliñas. | |
| Concello | Cee[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°55′53″N 9°09′48″O / 42.9315, -9.1633 |
| Poboación | 476 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (245 mulleres e 231 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castelo do Príncipe, fortaleza deseñada polos enxeñeiros Llovet e Carlos Lemourpara a defensa da da ría de Cee-Corcubión dos franceses e piratas. Construíuse entre 1740 e 1755.
- Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo, construída no s. XV e reformada no XVIII. No interior gárdase unha reliquia cun dos dedos de Santiago o Maior; segundo a lenda, os veciños recolleron esa falanxe tras a pelexa entre a alma do apóstolo e os moros que ocupaban a zona. Coma conmemoración da axuda do apóstolo a recuperación das terras ao pobo e a expulsión dos musulmáns os veciños ergueron a igrexa parroquial da Ameixenda.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Ameixenda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee | |
|---|---|
|
Caneliñas | Castelo do Príncipe | Gures | A Igrexa | As Lamas |
Parroquias de Cee
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee | |
|---|---|
|
A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán) |