Corcoesto, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′27″N 08°50′26″O / 43.22417, -8.84056

Corcoesto
Mina Corcoesto.jpg
Galerías da antiga mina subterránea
Concello Cabana de Bergantiños
Poboación 311 hab. (2016)
Entidades de poboación 20

San Pedro de Corcoesto é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2016 tiña 311 habitantes dos cales 155 eran homes e 156 eran mulleres segundo datos do IGE[1], o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Protesta da Plataforma pola defensa de Corcoesto xunto a afectados doutras minas chegados dende Asturias.

Corcoesto está bañada polos ríos Anllóns e o seu afluente o Lourido.

Nesta parroquia houbo explotacións mineiras auríferas xa durante a romanización de Galicia, estando activas as minas subterráneas de novo durante o século XIX.

Manifestación en Carballo contra o proxecto da mina no 2013.

A compañía mineira canadense Edgewater Exploration mercou os dereitos de explotación mineira na zona á empresa Narcea Gold Mines.[2] O proxecto empresarial, denominado Corcoesto Gold Project, tiña previsto abrir en 2013 e transformar a zona nunha mina a ceo aberto, pero conta coa oposición da veciñanza[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Corcoesto[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Corcoesto no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

Baralláns | Bello | A Braña | Cardezo | O Castro | Cruces | Cures | O Dequente | A Fontaíña | Fonterremula | As Lamas | O Lugar Grande | Millán | Montefurado | Perrol | A Rectoral | Regoseco | Santa Margarida de Baneira | Teixedo | Xabarido

Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.ige.eu/nomenclator/nomenbuscar.jsp
  2. En busca del oro gallego, artigo no xornal El Mundo (en castelán) do 26-09-2011, consultado o 11-06-2012.
  3. "Un pobo en loita contra a "bomba" da mina de Corcoesto", artigo de Miguel Pardo en Praza Pública, 6 de xuño de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]