Carlota Álvarez Basso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlota Álvarez Basso
Carlota Älvarez Basso.jpg
Nacemento1964
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónconservadora
PaiDarío Álvarez Gándara
IrmánsDarío Álvarez Basso
editar datos en Wikidata ]

Carlota Álvarez Basso, nada en Vigo en 1964, é unha xestora cultural galega especializada en arte contemporánea, cunha longa traxectoria na xestión e comisariado de exposicións. Comisariou múltiples exposicións, foi Presidenta-Fundadora da Asociación de Directores de Museos e Centros de Arte Contemporáneo de España, e foi membro de varios comités de honor e consellos asesores de institucións culturais de España. É autora de textos críticos para catálogos e participou en numerosos xurados de premios e festivales, así como en conferencias e mesas redondas de ámbito nacional e internacional.[1][2] Desde nova militou no feminista, realizando o seu activismo persoal e profesionalmente na defensa da igualdade e o recoñecemento de mulleres artistas, visibilizando o talento feminino.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edificio Sabatini. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Matadero Madrid, vista desde Madrid Río.

Filla de Darío Álvarez Gándara e de Gisela Basso Ramírez. En 1986 diplomouse en Socioloxía na Universidade de Nanterre en París, título que convalidou pola licenciatura en Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Realizou nesta universidade os cursos de doutoramento sobre o consumo cultural en España, no Departamento de Socioloxía IV, Teoría da Comunicación, campo interdisciplinar entre a Facultade de Ciencias da Información, Socioloxía e Belas Artes. Traballou como socióloga especializada en mercadotecnia aplicada ao consumo cultural, até que a comezos de 1990 se trasladou a Nova York, onde realizou prácticas durante nove meses no departamento de vídeo arte do Nova York|Museo de Arte Moderna de Nova York[5] Despois da estancia en Nova York foi contratada polo Museo Nacional Reina Sofía de Madrid, onde puxo en marcha o departamento de audiovisuais, no que desenvolveu a súa actividade como xefa do departamento de Obras de Arte Audiviosuais desde xaneiro de 1992 até marzo de 1999.[6] Realizou programas como Coregrafiar para la cámara,[7] Señales de vídeo[8] ou Gordon Matta-Clarkː vistas a través de lo invisible[9], e encargouse da programación das salas de cine do museo.[3]

Converteuse na primeira directora e xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurado en 1999. Levou a dirección, programación e xestión das actividades realizadas neste organismo autónomo, no Teatro Principal de Pontevedra e no recinto feiral até 2001.[10] Para a inauguración do centro programou a exposición da Lambert Art Collection, con 242 obras de 84 artistas de recoñecemento internacional, desde Man Ray, Matthew Barney, Sarah Lucas ou Kiki Smith, ofrecendo unha gran variedade de formatos e ampla temática e singular perspectiva da significación da fotografía na arte moderna e da súa propia capacidade para representar ideais estéticos. A exposición, con sede estable en Suíza, iniciou a súa itinerancia en 1997, sendo Pontevedra o único lugar no que se puido ver en España, antes de continuar por outros países.[11]


Entre 2001 e 2005 dirixiu o Museo de Arte Contemporánea de Vigo de Vigo[12][13]. Logrou o consenso social e institucional para o funcionamento do museo, coa convicción de facilitar o acceso da cidadanía á cultura máis actual e fomentar o espírito crítico.[14]

Tras dimitir do seu cargo no MARCO en 2005 pasou a ser a Directora de Proxectos da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais do Ministerio de Cultura de España.[15][16]

En setembro de 2008 foi nomeada xerente da Fundación Córdoba Ciudad Cultural. Até 2011 dirixiu e defendeu a candidatura de Córdoba como Capital Europea da Cultura para 2016, o que finalmente non se acadou.[17][18][19]

En 2013 foi nomeada directora do centro cultural Matadero Madrid, concibido desde o Concello de Madrid como un espazo interdisciplinar de intercambio de ideas sobre a cultura e os valores da sociedade contemporánea, aberto á participación de toda a cidadanía.[20][21] Como directora xeral de Formulación e Avaliación Cultural do Concello de Madrid dirixiu e redactou o Plan Estratéxico de Cultura do Concello de Madrid, e levou a dirección dos proxectos e a execución do programa Madrid Activa, con espectáculos de teatro, danza e música nos 21 distritos do municipio. Dirixiu durante cinco anos o Centro de Cultura Contemporánea Matadero Madrid.[22][23][24][25] En febreiro de 2018 regresou ao Museo Nacional de Arte Reina Sofía para traballar na Subdirección Artística do museo desenvolvendo Proyectos Especiales, como El poder del Arte, que conmemora os 40 anos da Constitución Española.[26][27]

En 2018 fundou e codirixiu o Festival Internacional de Cine hecho por Mujeres.[28], en codirección con Diego Mas Trelles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carlota Álvarez Basso -" (en castelán). 6 de outubro de 2014. 
  2. "Las mujeres vuelan, pero no despegan". El País (en castelán). 13 de febrero de 2005. ISSN 1134-6582. 
  3. 3,0 3,1 "Carlota Álvarez Basso: "No quiero quejarme…¡quiero que las cosas cambien ya!"". Fundacion Galifornia (en castelán). 22 de enero de 2019. 
  4. "Carlota Álvarez Basso: "Mientras la balanza no se equilibre, el Festival Cine por Mujeres tendrá razón de ser"". Revista Destape (en castelán). 28 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  5. "Carlota Álvarez Basso: De Vigo a Madrid, 20 años dedicados a la gestión cultural". El Día de Córdoba (en castelán). 30 de septiembre de 2008. 
  6. "Carlota Álvarez Basso". Foro de la Cultura (en castelán). 6 de outubro de 2014. 
  7. https://www.museoreinasofia.es/sites/default/files/actividades/programas/1995004-fol_es-001.pdf
  8. https://www.museoreinasofia.es/sites/default/files/actividades/programas/1995008-fol_es-001.pdf
  9. https://www.museoreinasofia.es/sites/default/files/actividades/programas/1997002-fol_es-001.pdf
  10. "La Fundación de la Capitalidad nombra gerente a Álvarez Basso". El Día de Córdoba (en castelán). 30 de setembro de 2008. 
  11. "Pontevedra muestra en 242 fotografías lo mejor de la Lambert Collection". El País (en castelán). 4 de outubro de 1999. ISSN 1134-6582. 
  12. "Carlota Álvarez Basso | MARCO". MARCO. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  13. "Carlota Álvarez Basso anuncia que deja la dirección del Marco de Vigo". El País (en castelán). 14 de maio de 2005. ISSN 1134-6582. 
  14. "«Con el Marco, la gente incrementó su orgullo de pertenencia a la ciudad»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de septiembre de 2017. 
  15. Temple, Michael (4 de xaneiro de 2019). Jean Vigo. Manchester University Press. ISBN 9781526141538. 
  16. "VI Conferencia Marketing de las Artes l Madrid l 24-25-26 octubre 2016 » ¿Qué es Matadero Madrid?" (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2019. 
  17. "Se constituye la Fundación Córdoba Ciudad Cultural". www.uco.es. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  18. "Carlota Álvarez Basso". Cordobapedia - La Enciclopedia Libre de Córdoba. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  19. "La Fundación Córdoba Ciudad Cultural aprueba su disolución". El Día de Córdoba. 25 de marzo de 2014lingua=es. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  20. "InnovaSpain | El escaparate de la innovación española". hemeroteca.innovaspain.com. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  21. Patricia Ortega Dolz (17 de outubro de 2012). "El Matadero cambia de timonel". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. 
  22. "Carlota Álvarez Basso -" (en castelán). 6 de outubro de 2014. 
  23. "Estos son los nuevos directores de los seis grandes centros culturales de Madrid elegidos por concurso público". elDiario.es (en castelán). 
  24. "Carlota Álvarez Basso, nueva directora de Matadero Madrid". Más de arte (en castelán). 17 de outubro de 2012. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  25. Patricia Ortega Dolz (18 de xaneiro de 2013). "Entrevista | “El futuro es la coproducción”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. 
  26. "Carlota Alvarez Basso. Comisario". Arte Informado (en castelán). 3 de xuño de 2014. 
  27. "El arte conmemora los 40 años de la Constitución española". Arsmagazine (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  28. "La viguesa Carlota Álvarez-Basso dirige el festival internacional Cine por Mujeres". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]