Santa Cristina de Cobres, Vilaboa
| Santa Cristina de Cobres | |
|---|---|
igrexa parroquial | |
| Concello | Vilaboa[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°19′50″N 8°38′49″O / 42.33055556, -8.64694444 |
| Área | 7,76 km² |
| Poboación | 1.313 hab. (2022) |
| Densidade | 169,2 hab./km² |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Cristina de Cobres é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.313 habitantes (659 homes e 654 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No límite coa parroquia de Vilaboa está o petróglifo de Chan dos Areeiros[3], con inscricións medievais.
A igrexa parroquial foi construída en 1678. No arco do altar maior pode lerse unha inscrición facendo referencia ao papa Inocencio XI e ao abade Antonio Figueroa Lanços, cura da parroquia cando se construíu o templo. A igrexa ten planta de cruz latina, con dúas capelas adicadas á Virxe das Angustias (co-patroa) e a San Bieito. No presbiterio consérvase o escudo da familia Figueroa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Petróglifo de Chan dos Areeiros.
-
Interior da igrexa parroquial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ "Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros", artigo en Pontevedra Viva, 3 de setembro de 2015.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Cristina de Cobres
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santa Cristina de Cobres no concello pontevedrés de Vilaboa | |
|---|---|
|
Areeiros | Barciela | A Carballeira | As Cernadas | O Costal | Magarella | Mangoeiro | O Muíño | O Outeiro | Paradellas | Riomaior | A Rotea | Seixas | Vilar Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Larache |