Darío Álvarez Limeses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darío Álvarez Limeses
Darío Álvarez Limeses.jpg
Nacemento10 de novembro de 1877
 Pontevedra
Falecemento30 de outubro de 1936
 Tui
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e médico
PaiEmilio Álvarez Giménez
FillosXosé María Álvarez Blázquez, Emilio Álvarez Blázquez e Darío Álvarez Blázquez
IrmánsXerardo Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses
editar datos en Wikidata ]

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester en Baión, en 1928.[1]

Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Xerardo Álvarez Limeses, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, afincouse en Tui como médico en 1905. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerceu un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; dirixiu o semanario La Opinión e colaborou nos periódicos La Integridad, El Vencejo, La Correspondencia Gallega e El Pueblo Gallego. Casou con María Blázquez Ballester o 15 de xuño de 1907 coa que tivo seis fillos, todos homes: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).

Na Segunda república foi membro da Izquierda Republicana. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).[2] 
Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[2] 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]