Amalia Álvarez Gallego
Amalia Álvarez Gallego e Alexandre Bóveda | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de febreiro de 1906 Lugo |
| Morte | 27 de novembro de 2001 Pontevedra |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | mestra, funcionaria |
| Familia | |
| Cónxuxe | Alexandre Bóveda |
| Fillos | 5: Xela, Alexandre, Xosé Lois, Dolores e Amalia |
| Pai | Xerardo Álvarez Limeses |
| Irmáns | Xerardo Álvarez Gallego |
Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Foi a quinta dos seis fillos de Xerardo Álvarez Limeses e Dolores Gallego. Sendo nena, a familia instalouse en Pontevedra. Alí realizou os seus estudos primarios e despois estudou Maxisterio. Coñeceu a Alexandre Bóveda nos ensaios da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, na que ambos cantaban. Casaron o 20 de outubro de 1930. Rematou a carreira e púxose a dar clases, mentres preparaba as oposicións. Optou por facer as de Facenda en Madrid. Obtivo praza en Cádiz e deixou os fillos con familiares. Foi trasladada a Pontevedra. Tivo complicacións para conseguir un certificado de adhesión ao réxime que lle permitiu ocupar a súa praza de funcionaria. As súas fillas foron sinaladas. Participou nas homenaxes que lle fixeron ao seu home coa chegada da democracia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amalia Álvarez Gallego |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 25. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bará, Luís (6/3/2016). "Amalia Álvarez, que se namorou cantando" Non des a esquecemento.
- "Amalia Álvarez Gallego". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Fajardo Pérez, Montse (2017). "Amalia Álvarez Gallego" Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine. no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.