Biblos Clube de Lectores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblos Clube de Lectores, SL
Biblos Betanzos libraria.jpg
Libraría de Biblos en Betanzos.
Tipo Sociedade Limitada
Fundación 2 de marzo de 2003
Localización Quintá, 8 de Mandaio, 15391 Cesuras (A Coruña) Galicia Galiza
Fundador Carmela González Boo, Tucho Calvo (Directores)
Industria Editorial
Produtos Libros, música
Páxina web biblos.com

Biblos Clube de Lectores[1] é un club de lectura así como unha editorial galega con sede en Oza-Cesuras. Carmela González é a directora e Tucho Calvo o director literario. Comezou a súa andaina en 2003 cun catálogo de obras en galego cunha tiraxe inicial de 278.000 exemplares[2], distribuído cos principais xornais de Galiza.

Ten habilitada unha plataforma de pagamento en rede dende a que se poden adquirir máis de 7000 títulos distintos. Funciona mediante subscricións, cuxo custo é de 15 euros anuais máis o compromiso por parte do lector de comprar cando menos un título cada dous meses. Esta empresa é a encargado de organizar o Premio Biblos-Pazos de Galicia, que premia unha narradora ou un narrador menor de 25 anos coa posibilidade de rematar a súa primeira novela coa axuda dun titor experimentado[3].

En agosto de 2013 inaugurou unha libraría en Betanzos[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio web de Biblos Clube de Lectores
  2. Ficha de Biblos na páxina web da AGE.
  3. Entrevista con Tucho Calvo en LetraEnObras
  4. Redacción. Praza Pública, ed. "Biblos inaugura a súa libraría en Betanzos". Consultado o 14 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]