Desenvolvemento sustentábel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase desenvolvemento sustentábel a un concepto económico, ecolóxico e social aparecido no final do século XX coa constatación de que o desenvolvemento económico precisa ter en conta tamén o equilibrio ecolóxico e a preservación da calidade de vida das poboacións humanas a nivel global. Iso implica, por exemplo, a xestión racional e equilibrada dos recursos minerais e ecolóxicos do planeta.

A idea de desenvolvemento sustentábel ten por base o principio de que o ser humano debería gastar os recursos naturais de acordo coa capacidade de renovación dos mesmos, de modo a evitar o seu esgotamento.

De acordo co Informe Brundtland de 1987, un documento das Nacións Unidas, é o "desenvolvemento que atende ás necesidades do presente sen prexudicar a capacidade das futuras xeracións de atender as súas propias necesidades".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]