Autoestrada Central Galega
AP-53 / AG-53 Autoestrada Central Galega | |
---|---|
![]() | |
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe / Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado - Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 87 km |
Localización | |
Inicio | Santiago de Compostela |
Fin | Ourense - A-52 |
A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.
A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.
Construción[editar | editar a fonte]

O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:
Tramo | Lonxitude (km) | Inauguración |
---|---|---|
Santiago de Compostela - Silleda | 33 | Decembro 2002 |
Silleda - Lalín Leste | 13 | Decembro 2003 |
Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) | 10 | Xuño 2004 |
O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo un investimento de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos:
Tramo | Lonxitude (km) | Inauguración |
---|---|---|
Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea | 17 | Outubro 2007 |
San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) | 14 | Abril 2009 |
A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.
A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da Garda Civil de tráfico de Ourense[3]. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado ó 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."[4]
O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca ca AG-53. O investimento neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.
Peaxe[editar | editar a fonte]
O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.
O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53[5].
Problemática da peaxe[editar | editar a fonte]
O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 6,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.
O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.
Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta[6]
Infraestruturas destacables[editar | editar a fonte]
- Viaduto do Ulla, de 700 m de lonxitude e altura de ata 65 m.
- Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m.
- Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.
Saídas[editar | editar a fonte]
número de saída | nome da saída | estrada coa que liga |
---|---|---|
![]() |
Santiago de Compostela - Boqueixón - Vedra A Coruña - Vigo A Estrada - Teo |
N-525 AP-9 AC-841 |
![]() |
A Estrada - Cacheiras | AG-59 |
![]() |
Peaxe de Vedra | |
![]() |
Ponte Ulla - Pontevea A Estrada |
AC-241 CP-8902 |
![]() |
A Bandeira - Chapa A Estrada - Caldas de Reis |
N-525 N-640 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo de Silleda | |
![]() |
Silleda Vila de Cruces Forcarei |
N-525 PO-205 PO-2205 |
![]() |
Peaxe de Silleda | |
![]() |
Lalín Oeste - Polígono Industrial Lalín 2000 Lugo |
N-525 N-640 |
![]() |
Lalín Centro - Polígono Industrial de Botos Forcarei Chantada O Irixo |
N-525 PO-534 PO-533 PO-902 |
![]() |
Lalín Leste | N-525 |
![]() |
Dozón | N-525 |
![]() ![]() |
Fin da AP-53, pasa a ser AG-53 | AG-53 |
![]() |
Piñor Ourense |
N-525 |
![]() |
San Cristovo de Cea O Carballiño |
OU-504 N-541 N-525 |
![]() |
Ramal ó Carballiño O Carballiño Maside |
AG-54 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)[7] | |
![]() |
Ourense Benavente Vigo Cortegada |
A-52 OU-402 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La autopista AP-53 rebasó por primera vez los 6.000 coches diarios durante los meses de julio y agosto", artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2008 (en castelán).
- ↑ "La media de usuarios de la AG-53 se acerca a los 9.000 en Cea este año", artigo en La Voz de Galicia, 15 de decembro de 2009 (en castelán).
- ↑ "Sin peaje ni momento de gloria" Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Faro de Vigo, 26 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ "Hernández simboliza una "era sin personalismos" con la placa de apertura de la AG-53", artigo en El Correo Gallego, 25 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ "La Xunta abonará a Aceousa el mismo peaje que el marcado por Fomento para la AP-53", artigo en La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2007 (en castelán).
- ↑ "Feijoo promete rebajar en un 25% el precio del peaje en la autopista Santiago-Lalín", artigo en La Voz de Galicia, 30 de setembro de 2007 (en castelán).
- ↑ "La AG-53 sigue sin área de servicio un año después de abrirse al tráfico", artigo en La Voz de Galicia, 29 de abril de 2010 (en castelán).