Saltar ao contido

Merín, Vedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merín
Igrexa de San Cristovo de Merín.
ConcelloVedra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°46′24″N 8°27′07″O / 42.7734, -8.4519
Poboación126 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Merín é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 115 habitantes (53 mulleres e 62 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

En 1932 os irmáns José e Mariano Lema Lobato abriron un serradoiro no lugar de Chan de Cartas. O seu pai, Mariano Lema Alvela, fundara xa un en Santa Cruz de Ribadulla –a finais do século XIX. A industria pasou a mans de Mariano Lema Valdés, fillo de Mariano Lema Lobato, quen foi concelleiro en Vedra até ser destituído en 1936.[2]

Festividades

[editar | editar a fonte]

San Pedro mártir

[editar | editar a fonte]

Celébrase o domingo despois do 29 de abril, e aínda que na actualidade decaeu a asistencia, foi unha das romarías máis importantes da comarca de Santiago.

San Cristovo

[editar | editar a fonte]

Celébrase o día 10 de xullo e a fin de semana seguinte a esa data. Destaca a recuperación dende hai uns anos da romaría que se celebra o domingo, na que o redor dun cento de vehículos (maioritariamente camións, pero tamén coches, motos...) fan un percorrido ó redor de todo o concello de Vedra, encabezando esta a imaxe de San Cristovo encima dun camión. Logo os condutores asisten á misa e xúntanse nun xantar popular.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Merín

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Merín no concello de Vedra (A Coruña)

Cabanelas | Cazorráns | Fraíz | Merín | O Pazo | Recarei | Rosende | San Cristovo

Parroquias de Vedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]