Santa Cruz de Ribadulla, Vedra
Santa Cruz de Ribadulla | |
---|---|
![]() |
|
Concello | Vedra |
Poboación | 725 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 20 |
Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.
Índice
Patrimonio[editar | editar a fonte]
No lugar de Ortigueira está o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, tamén coñecido como Granxa de Ortigueira (e antigamente como Torre de Ortigueira). Foi construído polos Abraldes, que emparentaron cos Mondragón, e mercado no século XVI por Juan Ibáñez de Mondragón, cóengo da catedral de Santiago.
No pazo viviu Gaspar Melchor de Jovellanos en 1811, e na actualidade é residencia do militar Alfonso Armada Comyn, noveno marqués de Ribadulla.
O marquesado de Santa Cruz de Ribadulla foi outorgado por Carlos II en 1683. O marqués tiña aforados á práctica totalidade da poboación do concello, que pagaban as súas rendas en especies, como centeo, trigo ou millo miúdo.
O pazo ten unha traza austera. Está rodeado por un parque deseñado por Juan Ibáñez de Mondragón e aumentado por Juan Ignacio Armada. O xardín conta coa fonte da Nogueira, a fonte da Coca (barroca e coroada por un escudo coa vieira de Santiago), e a fonte do Santiaguiño (de 1670).
Pedro de Valdés Feixoo e Novoa, que mandara construír a fonte do Santiaguiño, ordenou en 1676 facer a capela, que está unida ao pazo por un arco.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Santa Cruz de Ribadulla[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla no concello de Vedra (A Coruña) | |
---|---|
Agrelo | A Albela de Arriba | Angustín | Eiravedra | A Famelga | A Foz | Galegos | A Lagoa | Monreal | Ortigueira | Outeiro | Pazos | Sete | Sol | Tomonde | A Torre de Abaixo | A Torre de Arriba | A Torre do Medio | O Vao | Vista Alegre |