Uro (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uro
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1981
Localización Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia Galiza
Industria Automoción
Produtos Automóbiles
Camións
Vehículos militares
Carretillas elevadoras
Páxina web www.urovesa.com
Camión motobomba no monte galego.
URO MAT-18.16 do Exército de Terra Español.
Motobomba BFP 40-106 J-1884 sobre URO M3-24.14 da UME.

URO é unha compañía galega construtora de camións e vehículos militares con sede en Santiago de Compostela. A compañía matriz de Uro, UROVESA (URO Vehículos Especiales S.A.), naceu en 1981 da man de ex-empregados da marca galega IPV.

A empresa debe o seu nome ao uro, antigo touro europeo (bos taurus primigenius), especie da que proceden practicamente todas as razas domésticas de gando bovino actuais. Similar ao touro de lidia pero de maiores dimensións (ata 1.300 kg. de peso), o uro extinguiuse en 1627 en Polonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Para 1983 conseguiron situarse como líderes do sector de automóbiles 4x4 para a loita contra o lume en contornas rurais, grazas aos seus camións TT URO, tamén grazas a estes convertéronse nun dos principais construtores españois de camións.

Desde 1984 son fornecedores oficiais do Exército Español, logo de gañar o concurso "Declaración de Necesaria Uniformidade". Actualmente, as FFAA de España dispoñen de máis dun milleiro de vehículos desta marca, destacando entre eles o VAMTAC (Vehículo de Alta Mobilidade Táctico), equipado cun motor diésel de 190 CV Steyr, aínda que a maioría dos vehículos URO utilizan motores Iveco.

Desde 1991, unha subsidiaria de UROVESA, UROMAC, fabrica en Castropol (Asturias, España) carretillas elevadoras e dumper. As carretillas mecánicas especiais son usadas igualmente polo Exército Español, aínda que permitiron á empresa abrirse ao sector da industria, o que lles reportou maiores beneficios.

O final da primeira década do século XXI foi para UROVESA uns anos de gran baixada de beneficios debido á diminución do seu volume de negocio sumado a un fallo nas homologacións.[1][2]

En 2014, tras recuperar en parte o volume de vendas no ano 2013, UROVESA informou a comezos de febreiro a súa intención de ampliar o seu chan industrial para aumentar o seu volume de produción, liderando a recuperación económica do sector na zona.[3]

Os VAMTACs do Exército Español foron despregados en diferentes zonas de conflito coma Iraq, Afganistán e o Líbano.

O Exército Real de Marrocos ten encargados 1200 VAMTACs e 800 camións Iveco por un valor total de 200 millóns de euros.

Desde 1991 unha filial de Urovesa, Uromac, fabrica en Castropol pequenos vehículos todoterreo para o Exército Español.

Modelos actuais[editar | editar a fonte]

Cada modelo de UROVESA ten multitude de derivados a parte do modelo oficial que se vende, o exemplo máis destacado é o do Vamtac militar, que ten 8 configuracións oficiais, pero a gama de modelos oficiais (sen configuración) é a seguinte.

Gama civil[editar | editar a fonte]

Coches[editar | editar a fonte]

  • Vamtac S3

Camións[editar | editar a fonte]

  • K3-24.14&16
  • K5-25.14&16
  • K5-30.14&16

Gama militar[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]