PTV (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Automóviles Utilitarios S. A.

PTV 250
TipoSociedade anónima
Fundación1956 - 1962
LocalizaciónManresa, Provincia de Barcelona
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

PTV era a marca comercial de Automóviles Utilitarios S.A. un fabricante de microcoches con sede en Manresa, preto de Barcelona, de 1956 ata 1962. A marca PTV foi no seu tempo o segundo microcoche máis vendido en España, só superado polo Biscuter. En comparación co Biscuter era máis luxoso, ofrecendo portas adecuadas, pintura de dous tons, aplicacións cromadas e rodas de 12 polgadas.

Pero, cando Fiat outorgou a licenza do Fiat 600 para construílo en España como SEAT 600 as vendas caeron e a empresa refundouse como AUSA Center SA, como construtor e provedor de maquinaria industrial e vehículos lixeiros, con sucursais en Madrid (España), Perpiñán (Francia), Rochdale (Inglaterra), Hamm en Alemaña, Alberta no Canadá e Pequín na China.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A historia comeza cos vehículos que os irmáns Tachó desenvolveran en 1950 (La Ballena) e 1953 (El Coca) que se comercializaron máis adiante baixo a marca Tachó.

A partir deste último pensouse en desenvolver un micro coche en serie, para o que Guillem Tachó o seu irmán Antoni, Maurici Perramón e Josep Vila fundaron o 4 de maio de 1956 a empresa Automóbiles Utilitarios, S.A. (AUSA). Da inicial dos apelidos xorde a marca PTV (Perramón Tachó Vila).

O primeiro modelo presentado foi o PTV 250 de 1956. Era un bonito convertible de 2 prazas (2/3 segundo a publicidade da época) con motor traseiro monocilíndrico de 250 cc, que cunha potencia de 11 CV alcanzaba os 75 km/h. Habíao en dúas versións, con e sen portas. En total chegáronse a fabricar 1.100 unidades ata 1961, o que sitúa a PTV como o cuarto micro coche de máis produción de España, tralo Biscuter, o Goggomobil e a Isetta. Os prezos oscilaban entre as 44.500 e as 55.000 Ptas. Comercializáronse en toda España e ata algunhas unidades foron exportadas a Portugal.

En base ao PTV 250 fabricáronse 45 vehículos comerciais entre os anos 1959 e 1961. Dispoñían de pouca capacidade de carga ao levar o motor traseiro, no entanto realizouse un prototipo con motor dianteiro que durante varios anos foi utilizado en Ausa como vehículo de transporte.

Tamén se realizou un prototipo do modelo PTV 400. Dotado dun potente motor bicilíndrico de dous tempos con compresor e enxeñosas solucións técnicas, non se chegou a producir xa que o seu tardío desenvolvemento (1960) coincidiu co apoxeo do Seat 600.

A produción de micro coches cesou no ano 1961, o cal non significou o fin da empresa, xa que con gran visión comercial desenvolveran polo ano 1961 unha especie de triciclo con caixa abatible que daría lugar ao famoso Dumper. Actualmente AUSA é líder mundial nese mercado e no das carretillas elevadoras de menos de 3 Tm.

Características técnicas do PTV 250[editar | editar a fonte]

  • Motor: monocilíndrico de dous tempos en posición traseira transversal. Diámetro x carreira: 66 x 72 mm. Cilindrada: 247 cc. Relación de compresión 6,2:1. Alimentación: Carburador Tachó monocorpo de 22 mm. Potencia: 11 CV a 4.500 rpm. Acendido por Bobina e ruptor. Acumulador de 12 v. e 130 amperes por dinamotor.
  • Transmisión: tracción traseira. Cambio: 3 velocidades e marcha atrás. Embrague por discos múltiples en baño de aceite.
  • Bastidor: suspensión dianteira: Independente, con amortecedores hidráulicos e suspensión traseira varra tipo Panhard, con amortecedores hidráulicos. Freos: Tambores nas catro rodas por circuíto hidráulico. Dirección: Parafuso e porca con ataque central. Rodas: lamias de chapa de 12" e pneumáticos de 400 x 12.
  • Carrozaría: monocasco de chapa sobre bastidor tubular de aceiro. 2 prazas con depósito de combustible de 18 litros. Batalla: 1.800 mm. Vía dianteira: 1.000 mm. Vía traseira: 1.000 mm. Dimensións (longo x ancho x alto): 2.950 x 1.320 x 1.250 mm. Peso: 330 kg.
  • Prestacións e consumos: Velocidade máxima: 75 km/h e consumo medio: 4,5 l/100 km.

Características técnicas do PTV 400[editar | editar a fonte]

  • Motor: bicilíndrico de dous tempos en posición: traseira transversal. Diámetro x carreira: 66 x 58 mm. Cilindrada: 396,83 cc. Compresión 6,5:1. Alimentación: Carburador Tachó monocorpo de 22 mm e compresor rotativo de dous lóbulos. Potencia: 19 CV a 4.500 rpm. Acendido por Bobina e ruptor. Acumulador de 12 V e 130 A por dinamotor.
  • Transmisión: tracción: traseira. Cambio: 4 velocidades e marcha atrás. Embrague por discos múltiples en baño de aceite.
  • Bastidor: suspensión dianteira: independente, con amortecedores hidráulicos e suspensión traseira varra tipo Panhard, con amortecedores hidráulicos. Freos: Tambores nas catro rodas por circuíto hidráulico. Dirección: Parafuso e porca con ataque central. Rodas: lamias de chapa de 12" e pneumáticos de 520 x 12.
  • Carrozaría: monocasco de chapa sobre bastidor tubular de aceiro, 2 prazas con depósito de combustible de 18 litros. Batalla: 1.940 mm. Vía dianteira: 1.090 mm. Vía traseira: 1.115 mm. Dimensións (longo x ancho x alto): 3.260 x 1.380 x 1.170 mm. Peso: 470 kg.
  • Prestacións e consumos: Velocidade máxima: 110 km/h e consumo medio: 5 l/100 km.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "AUSA Centers - Get to know us". AUSA Centers SA. First published 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 2011-10-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]