Saltar ao contido

Abadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Abadal
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1912 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1930 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/03h07_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Abadal foi un fabricante de coches catalán activo entre 1912 e 1923. Considerado un coche de luxo veloz, cun deseño similar ao de Hispano-Suiza. Existían dous modelos: O primeiro tiña un motor de catro cilindros de 3 104 cc, e o segundo un motor de seis cilindros de 4 521 cc.

Pouco despois da creación da liña Abadal, a compañía belga Impéria comezou a fabricar o modelo, con licenza, chamándoos Impéria-Abadal. En 1916 Abadal comprou os dereitos de Buick en España, e desde ese ano, os modelos de Abadal construídos en Barcelona posuían motores Buick, pero non a carrocería. A estes automóbiles coñecéuselles como Abadal-Buicks.

M. A. Van Roggen (que traballara en Springuel) tomou o control da compañía belga, e fabricou uns 170 Impéria-Abadal máis. Ademais fabricou outros modelos, como un modelo deportivo de 16 válvulas de 2 992 cc e catro cilindros e tres prototipos de 5 630 cc. A compañía deixou de fabricar automóbiles en 1923.

Francisco (Paco) Abadal era un vendedor de Hispano-Suiza, ademais dun piloto de carreiras de Barcelona. Comezou o seu negocio en 1912 e, cando o abandonou, traballou para a General Motors. Os plans de General Motors, en 1930, para lanzar un prototipo chamado Abadal Continental nunca se levaron a cabo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]