Hispano Alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hispano Alemán
Hispano-Alemán.JPG
Hispano-Alemán Mallorca
TipoSociedade anónima
Fundación1970 - 1976
LocalizaciónMadrid España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil

Automóviles Hispano-Alemán S.A. foi un fabricante español de automóbiles con sede en Madrid de 1970 ata 1976. Realizou réplicas baixo licenza de coches deportivos alemáns e británicos.

Historia da Compañía[editar | editar a fonte]

Automóviles Hispano-Alemán S.A. fundouse polo distribuidor de BMW e Porsche en Madrid, Werner Bernhard Heiderich (1935-2008).

Modelos[editar | editar a fonte]

Este vehículo xurdiu da iniciativa de Talleres Hispano-Alemán, de construír un bipraza sobre mecánica Seat inspirándose no Lotus Seven Serie IV. Realizouse en dúas versións baseadas nas mecánicas máis potentes de Seat naquel momento, o motor 1430 e o 1800 FU. Separadamente dos elementos mecánicos algunhas unidades tamén lucían os mesmos pilotos traseiros do SEAT 124. Neste vehículo podían viaxar dúas persoas, case sen equipaxe, gozando dunha velocidade máxima de 150 km./h e unha aceleración suficiente para alcanzar os mil metros con saída parada en algo máis de 33 segundos

  • Hispano Alemán Castilla (Versión lixeiramente redeseñada do Lotus Europa)
  • Hispano Alemán Vizcaya (Versión con carrozaría diferente deseñada por Frua do Porsche 914)

Esta versión presentouse no salón de Xenebra de 1971, con mecánica do 914 pero para asegurar que o rendemento do vehículo correspondésese co aspecto dinámico do deseño o mecánico Antonio Santez modificouno incluíndo partes do Porsche Carrera 906 6, usando novos pistóns e bielas ata alcanzar os 2´4 litros, aumentando así a potencia ata os 225 CV.[1] Tivo tal éxito que ata a matriz de Porsche interesouse no vehículo contactando con Heiderich para unha serie de vehículos. Ao decatarse do éxito Pietro Frua, o deseñador da nova carrozaría, quizá movido pola cobiza debido ao éxito obtido, reclamou a propiedade intelectual do deseño do coche así como dos dereitos de reprodución, malia que Heiderich que o financiou era o dono do encargo e Frua era simplemente o provedor dese encargo.

Ben Heiderich facendo uso dos seus dereitos de propiedade sobre o vehículo conseguiu que un tribunal da capital suíza retivera o coche. Desgraciadamente, e malia que a xustiza sempre lle deu a razón a Heiderich, o tempo transcorrido en anos de preitos legais (ata 1976) fixo que ese magnífico deseño envellecese prematuramente e non chegase a ser producido en serie.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ["Auto Motor und Sport, Número 7, 1971, Christophorus, número 110, de 1971; Entrevista a Ben Heiderich"]
  2. "Los Origenes: Hispano Aleman"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harald H. Linz, Halwart Schrader: Die große Automobil-Enzyklopädie. BLV, München 1986, ISBN 3-405-12974-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]